jueves. 28.03.2024

Dez alumnos formáronse en albanelería, fontanería e climatización e outra decena o fixo no de carpintería

 “Este modelo formativo permite que estas persoas se formen e incrementen as súas oportunidades de inserción en sectores con demanda mentres reciben unha remuneración polo seu traballo e, á vez, contribúen ao ben colectivo con obras públicas e accións a través das prácticas”, sinalou o alcalde.
Participantes no obradoiro.
Participantes no obradoiro.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, participou esta mañá no acto de clausura do Obradoiro de Emprego “Porriño Labora” promovido polo Concello do Porriño a través dunha subvención da Xunta de Galicia.

Foron nove meses de actividade nos que os vinte alumnos/as aprenderon un oficio e acometeron importantes obras de mellora no municipio. O obradoiro –dirixido a persoas desempregadas- organizábase en dúas especialidades: dez alumnos formáronse no de albanelería, fontanería e climatización e outra decena o fixo no de carpintería.

“O emprego é un eixo fundamental da nosa acción de goberno. Seguiremos apostando por mellorar a empregabilidade da veciñanza que se atopa en situación de desemprego e facilitar a súa inserción laboral”, explicou o rexedor,

Participantes no obradoiro.
Participantes no obradoiro.

No mesmo sentido se expresou a concelleira que destacou a eficacia deste modelo de formación e a implicación dos alumnos e alumnas no transcurso do mesmo.

Dez alumnos formáronse en albanelería, fontanería e climatización e outra decena o fixo...
Comentarios