viernes. 29.03.2024

O Concello ponteareán obriga a que as atraccións funcionen o domingo sen música nin megafonía durante parte da tarde

Así, de 17.00 a 19.30 horas as atraccións abrirán sen música, sons ou megafonía e “non se poderá realizar calquera actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades das festas as persoas con sensibilidade acústica”, como explican dende as concellarías de Eventos e Promoción Económica.
Unha das atraccións que deberá funcionar sen megafonía.
Unha das atraccións que deberá funcionar sen megafonía.

As Festas  dos Remedios o de Setembro afrontan a súa recta final poñendo en marcha de novo unha iniciativa para que as persoas con sensibilidade acústica poidan gozar tamén da zona feiral. Este domingo 2 de outubro as atraccións funcionarán sen música nin megafonía durante parte da tarde, unha medida coa que o Concello de Ponteareas busca reducir os niveis de ruído e facilitar que as persoas con sensibilidade acústica ou calquera outro tipo de trastorno que produza problemas sensoriais poida gozar das atraccións e da festa.

Así, de 17.00 a 19.30 horas as atraccións abrirán sen música, sons ou megafonía e “non se poderá realizar calquera actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades das festas as persoas con sensibilidade acústica”, como explican dende as concellarías de Eventos e Promoción Económica.

Os horarios sen música coincidirán coa celebración unha xornada máis do Día da Infancia, no que o público poderá gozar con descontos de ata o 50% e atraccións a 2 euros, unha medida que permitirá garantir o acceso á veciñanza e que todos os nenos e nenas poidan gozar das festas independentemente do poder adquisitivo das familias. Durante todas estas festas as atraccións estarán situadas na Avenida de Castelao e haberá dous inchábeis tamén na Praza da Música.

O Concello ponteareán obriga a que as atraccións funcionen o domingo sen música nin...
Comentarios