jueves. 25.04.2024

Adeus ao compositor máis prolífico de Galicia, Rogelio Groba

“O mestre Groba foi un ponteareán exemplar, un traballador único e incansábel e unha persoa que transpiraba simpatía e alegría. No ámbito músical, deixanos un legado que supera as 700 composicións, o que o converte no compositor máis prolífico do noso país. Será eternamente un referente para Galicia e un orgullo para Ponteareas” sinalou a alcaldesa.
Rogelio Groba.
Ponteareas lamenta a perda do compositor Rogelio Groba e decreta dous días de loito oficial.

O Concello de Ponteareas decretou dous días de loito oficial tras o falecemento dun dos seus fillos predilectos, o músico e compositor Rogelio Groba Groba. A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández,  lamentou a triste nova e no nome da Corporación Municipal transmitiu as súas condolencias á familia e persoas achegadas.

“O mestre Groba foi un ponteareán exemplar, un traballador único e incansábel e unha persoa que transpiraba simpatía e alegría. No ámbito músical, deixanos un legado que supera as 700 composicións, o que o converte no compositor máis prolífico do noso país. Será eternamente un referente para Galicia e un orgullo para Ponteareas” sinalou a alcaldesa.

Entre o inmenso legado musical que deixa Rogelio Groba, sempre concibido dende o amor á nosa terra, poden atoparse distintas obras inspiradas en Ponteareas, que o mestre dedicou á nosa vila e entregou ao Concello como mostra da súa xenerosidade.

Groba colleitou numerosos premios e recoñecementos ao longo do seu periplo profesional, como o Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), a Medalla Castelao (1995), Galego do Ano (2002), Premio Cultura Galega da Música (2011), entre outros. En Ponteareas, foi nomeado Fillo Predilecto no ano 2006 e foi homenaxeado co bautismo dunha rúa co seu nome no 2016.

O Concello de Ponteareas impulsa anualmente o Festival Groba, que estrea as súas composicións dende o ano 2013. Recentemente, colaborou e divulgou o libro O neno Groba e Música e publicou o libro Rogelio Groba. Os acordes da natureza na súa colección de “Creadores ponteareáns”.

Adeus ao compositor máis prolífico de Galicia, Rogelio Groba
Comentarios