domingo. 13.10.2024

Galicia á vangarda na investigación oncolóxica

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou hoxe na presentación do informe Radiografía sobre o estado da investigación en cancro en Galicia o compromiso da Xunta por consolidar a comunidade á vangarda na investigación oncolóxica.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou na presentación do informe ‘Radiografía sobre o estado da investigación en cancro en Galicia’, organizada pola Asociación Española contra o Cancro.

No acto organizado pola Asociación Española contra o Cancro no que tamén participou o xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, Argerey sinalou que este compromiso se materializa na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, na Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía e en programas e actuacións como o de Cancer Innova. Este proxecto de colaboración público-privada para acelerar a chegada de novos fármacos enmárcase na Business Factory Medicines de Galicia, e está impulsado pola Fundación Kærtor, a Asociación Española Contra o Cancro, e o apoio das farmacéuticas Janssen e Lilly, así como o da Xunta de Galicia.

cancro2

Outro instrumento favorecedor da cooperación entre organismos de investigación e o tecido empresarial é o das Unidades Mixtas de Investigación da Consellería de Economía, Industria e Innovación, baixo o cal se financiaron iniciativas como a Unidade Mixta Roche-CHUS, que traballa nas áreas de cancro de mamá e cancro de próstata metastásico, a través da biopsia líquida.

Argerey destaca que o ecosistema galego de I+D+i ten conseguido atraer a grandes farmacéuticas para que investiguen e innoven en Galicia

Argerey destacou a importancia de publicacións como a presentada hoxe, sinalando que esta pon de relevo as capacidades coas que conta Galicia e os resultados que se están a obter a través de diferentes iniciativas. Neste sentido, Argerey destacou que o ecosistema galego de I+D+i ten conseguido atraer a grandes farmacéuticas para que investiguen e innoven en Galicia. Tal e como apuntou a directora da Axencia Galega de Innovación, búscase facilitar e acelerar a transferencia de resultados da I+D+i para a transformación da ciencia en Galicia, a través do impulso da competitividade económica e o benestar social.

Galicia é a segunda biorrexión de España con mellor comportamento en termos de crecemento do gasto interno en I+D biotecnolóxico no período 2016-2021, tan só por detrás do País Vasco, con 114 millóns de euros de gasto en 2021. Nese ano, Galicia foi a cuarta comunidade autónoma en orzamento por habitante concedido a proxectos de investigación en biociencias, biotecnoloxía e biomedicina, tan só superada pola Comunidade Valenciana, Cataluña e Madrid.

Galicia á vangarda na investigación oncolóxica
Comentarios