viernes. 29.03.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.553, deles 487 son da área da Coruña, 228 da de Lugo, 197 da de Ourense, 325 da de Pontevedra, 776 da área de Vigo, 457 da de Santiago e 83 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 109 en unidades de hospitalización e 2.413 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 121.172 persoas curadas, rexistrándose 2.412 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.217.514.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.744.762.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
NÚMERO DE POSITIVOS560
AULAS PECHADAS37
CENTROS PECHADOS2

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

Galicia rexistra un total de 2.553 casos activos por coronavirus