8 de agosto de 2026, 17:53
Tonichi e Pacheco, músicos vencellados ao Val Miñor, compartiron escenario ao longo da súa carreira con artistas de primeiro nivel como Manu Chao, James Brown, Emir Kusturica, Kiko Veneno, Coque Malla, Raimundo Amador, Los Enemigos ou Los Secretos.
O seu espectáculo combina versións inspiradas en grandes referentes da música, como Django Reinhardt e Paco de Lucía, con clásicos universais como Zorba o Grego e Les Yeux Noirs. A cita ofrece así unha proposta musical para todos os públicos, acompañada dunha oferta gastronómica sobre rodas.
