jueves. 18.04.2024
Portugal

Feiras Novas. Cortejo Etnográfico (y III). O amor dos limianos á tradición

O desfile do sábado, de máis de 3 horas, foi unha impresionante inmersión para coñecer esta comunidade. Cunha participación masiva, sacaron as súas mellores galas e as amosaron a veciños e visitantes na rúa. Vestidos rexionais coa súa ourivería, apeiros de cultivo antigos, cacharros de barro, bicicletas, carros de bois...non houbo límites como se vai ver nesta reportaxe que terá unha segunda parte coas carrozas de cada freguesía -ou equivalente a nosa parroquia-, destacando a súa diferenciación.

As rúas estaban ateigadas de xente. Os grupos de bombos abriron o desfile. Ademais non faltou a música das concertinas e castañolas e ata un grupo de música clásica. Xunto con pequenas teatralizacións que lembraban momentos da vida do rural de hai anos.

O tratamento e educación cara ao palco de autoridades foi algo moi destacado para que ven de fóra polo considerado e coidado... Deténdose, saudando, executando un baile ou música diante do alcalde (‘Presidente’), os concelleiros (‘vereadores’) e os convidados foi toda unha lección de cortesía e amabilidade. Esforzáronse en ofrecer produtos da terra as autoridades como viño, sidra, embutidos, doces...

Os limianos son xente educada e orgullosa do seu. Mantedores das tradicións por riba de todo. Había nenos de corta idade en todos os grupos. Outro síntoma de que é unha sociedade con vitalidade, con futuro porque hai relevo xeracional.

Que mellor ocasión que Feiras novas para coñecer esta comunidade e de xeito especial este Cortejo Etnográfico, unha obra colectiva de grande magnitude.

Xa teño gañas de que pase un ano máis para volver a ver este desfile.

Comentarios
Feiras Novas. Cortejo Etnográfico (y III). O amor dos limianos á tradición