O mundo do teatro xa non é como antes, pois moitos actores xa non respectan cousas que se fixeron dun determinado modo dende sempre. Como subir ao escenario co pe esquerdo ou con roupa amarela, porque trae mala sorte. Cambiar estas cousas non é malo por si mesmo, pois todo evoluciona; pero deixar de compartir tradicións que uniron aos actores durante séculos é unha pena, dixo Héctor Barrera -xornalista e profesor de teatro- nunha conferencia no Colexio Maior La Estila.
O teatro, aínda que poida sorprender, sobre todo é un xogo. Saber que teño que facer un papel, meterme nel -esquecéndome de quen son- é o un dos elementos fundamentais do teatro. Sen esta capacidade, nunca se poderá ser un bo actor. Imaxinemos unha nena pequena que está a xogar coa súa boneca e de súpeto seu irmán maior sácalle un brazo. Inmediatamente a cativa ponse a chorar porque ve a súa boneca como se fora a súa filla e, loxicamente, sofre por ela. E aínda que seu irmán póñalle o brazo no seu sitio outra vez, segue chorando porque isto non elimina seu sufrimento.
Outros elementos fundamentais do actor son a imaxinación, o intelecto e a observación. No momento que o actor sube ao escenario, deixa de ser quen é e se converte naquel ou aquela que interpreta; o cal implica imaxinarse como era e como pensaba.
Se o actor non coñece en profundidade a quen representa, non poderá interpretar ben o seu papel. E isto pasa por un traballo previo de documentarse para coñecelo e entendelo, co fin de mostrarse no escenario como unha réplica del. Para isto precisa dispor do maior número de datos sobre o seu personaxe, tanto físicos, psicolóxicos como históricos. Dende cales eran as súas ambicións e aspiracións, ata como reaccionaba ante determinadas situacións ou as querenzas e fobias que tiña.
Para representar a Cristobal Colón, non basta vestirse como el. Ademais do exterior, precísase coñecer, sobre todo, o seu interior. Tanto, que se o actor coñecera seu interior en profundidade, aínda espido, o público recoñeceríao.
Saber o texto da obra perfectamente e ter unha boa memoria non é suficiente. O actor ten que saber extraer todo o que pode do texto e, nas situacións que non ten información de como actuaría quen representa, ten que saber facelo dun xeito crible e coherente cos datos dos que dispón.
Ademais debe ser solidario, bo compañeiro, xeneroso e respectuoso; pois non actúa en solitario. Como seu traballo é un traballo en equipo, para que saia ben, debe actuar así cos seus compañeiros e compañeiras. Deste xeito, se cando ao actor lle toca calar porque lle corresponde facelo a outro e este queda en branco, ten que continuar co que lle tocaba dicir máis adiante como senón pasara nada; pois o importante -máis que a materialidade do texto- é transmitir unha historia. Deste xeito, o público non nota nada e o seu compañeiro non queda humillado.
Cando preguntáronlle a Héctor se unha identificación tan forte co personaxe podería producir que o actor acabara toleando, contestou que non porque o teatro -non o esquezamos- é un xogo. Esa é a súa grandeza.