lunes. 14.10.2024

Desdicirse

Co gallo do seu recente pronunciamento sobre as supostas aparicións da Virxe María en Medjugorje e Garabandal, a Santa Sede vén de lembrar que ningunha revelación particular pode ir en contra das Escrituras ou da tradición da Igrexa; é dicir, Deus nunca pode desdicirse a si mesmo ou o Espiríto Santo ensinar unha cousa contraria á que xa ensinou antes. Que tome nota Pedro Sánchez, xa que se cre Deus (empezou querendo ser máis có rei Felipe VI, pero iso xa lle quedou pequeno) e, asemade, é tan amigo de se desdicir, de dicir hoxe unha cousa e mañá a contraria, de non mentir –xaora– pero si mudar de opinión.

Desdicirse
Comentarios