24/6/24
Medallas Castelao
A Medalla Castelao é unha condecoración civil outorgada polo Goberno de Galicia. Proponse distinguir a obra artística, literaria, intelectual ou calquera outro tipo de obra dunha distinguida personalidade galega. Foi creada en 1984 con motivo da volta a Galicia dos restos de Castelao o 28 de xuño dese ano. O Decreto de creación da distinción, resalta “(...) a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras é o reflexo dun traballo realizado conscientemente con dedicación e con fe na cultura, na historia e non ser dun pobo”.