sábado. 05.10.2024

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Xunta defende que os centros tecnolóxicos son un recurso indispensable para o futuro industrial de Galicia, e manterá, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), todos os programas de impulso á innovación que se viñan convocando ata o de agora para que “a través da colaboración público-privada dos centros tecnolóxicos e a propia industria poidamos impulsar novas solucións innovadoras que dean unha resposta concreta ao tecido produtivo e aos novos retos que se presentan” na industria e na sociedade.

Conde mantivo un encontro mediante videoconferencia con representantes da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) e dos seis centros tecnolóxicos que forman parte da mesma: Aimen, Anfaco-Cecopesca, o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), Gradiant, Energylab e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), dentro da rolda de xuntanzas co tecido produtivo que se están a manter desde a Administración autonómica.

Na reunión acordouse demandar ao Estado que os centros tecnolóxicos poidan acceder ás liñas de financiamento do Instituto de Crédito Oficial (ICO) nas mesmas condicións que as empresas, para contar con circulante que lles permita afrontar os retos de investimento e de contratación de persoal, e poder manter así os seus programas.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria apuntou que “a innovación será un dos elementos principais que teremos que impulsar no momento de reactivación da economía despois de superar o impacto sanitario do COVID-19”.

Os centros tecnolóxicos queren acceder ás liñas de financiamento do Instituto de...