jueves. 25.04.2024

A Xunta aplicará un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderá as rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol

A Xunta adiantará o diñeiro e aplicará a máxima bonificación (50%) no transporte público autonómico, estendendo con fondos propios da Xunta a bonificación ao transporte da ría de Vigo e ao tren de proximidade na área de Ferrol, dado que ambos están no Plan de Transporte Metropolitano. Así mesmo, os servizos urbanos de Pontevedra e Ferrol tamén se beneficiarán deste desconto, xa que o seu transporte opera con concesións autonómicas.
La plataforma será abierta y permitirá integrar el transporte urbano y servicios como el dirigido a personas con discapacidad o dependencia (065).
La plataforma será abierta y permitirá integrar el transporte urbano y servicios como el dirigido a personas con discapacidad o dependencia (065).

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta aplicará desde mañá, e ata o 31 de decembro, un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderáas rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol. A redución temporal do prezo, que mañá publicará o Diario Oficial de Galicia (DOG), aplicarase ás tarifas dos bonos mensuais, así como ás viaxes aboadas coas tarxetasde Mobilidade de Galicia.

Rueda, quen enmarcou esta nova medida na aposta da Xunta pola mobilidade sostible, fixo referencia aos fondos anunciados en xuño polo Goberno central para que as autonomías apliquen unha bonificación de ata o 50% no transporte da súa competencia a partir do 1 de setembro. “A día de hoxe non temos ningunha concreción, ningunha consignación de fondos e, por iso, a Xunta asumirá desde o 1 de setembro esa bonificación do 50% a cargo de fondos propios. Non podiamos esperar máis”, explicou, nunha visita á estación de autobuses intermodal de Santiago.

Igualmente, o presidente da Xunta lamentou que os incentivos do Executivo estatal adoeceran de falta de reflexión, planificación e equilibrio territorial, ao xerar diferencias entre modos de transporte –con gratuidade para o tren e descontos moi inferiores para o autobús— e entre territorios –posto que os cidadáns sen acceso a liñas ferroviarias de media distancia non se poderán beneficiar da axuda—.

Ante esta situación, engadiu, a Xunta adiantará o diñeiro e aplicará a máxima bonificación (50%) no transporte público autonómico, estendendo con fondos propios da Xunta a bonificación ao transporte da ría de Vigo e ao tren de proximidade na área de Ferrol, dado que ambos están no Plan de Transporte Metropolitano. Así mesmo, os servizos urbanos de Pontevedra e Ferrol tamén se beneficiarán deste desconto, xa que o seu transporte opera con concesións autonómicas.

APOSTA SEN PRECEDENTES

Ademais de salientar que o desconto contribuirá á competitividade e ao emprego dun sector moi relevante na vertebración do territorio, Rueda subliñou a aposta sen precedentes da Xunta no eido do transporte público. “Para a Xunta a mobilidade é algo estratéxico”, afirmou, en referencia ao esforzo e aos investimentos destinados á construción de infraestruturas, á renovación integral das liñas de transporte interurbano e ás bonificacións xa implantadas.

Entre estas últimas, o titular do Goberno autonómico fixo fincapé na Tarxeta Xente Nova, coa que xa hai máis de 120.000 mozos galegos viaxando gratis por toda Galicia nos buses da Xunta. En total o Executivo autonómico financia máis do 76% do custo das 3.400 liñas de transporte interurbano que operan na actualidade en Galicia, ás que se destinan 80 millóns de euros ao ano.

A Xunta aplicará un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderá as...
Comentarios