sábado. 07.12.2024

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do X Ourense Vinis Terrae que se desenvolverá o 5 e 6 de xuño no recinto feiral de Expourense.

Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade celebrará a súa décima edición consolidado como o único salón exclusivamente profesional e destinado aos viños autóctonos. De carácter bienal, contará coa participación de importadores e compradores de 23 países que terán a oportunidade de coñecer as últimas colleitas das adegas expositoras, todas elas adscritas ás cinco Denominacións de Orixe presentes, sendo 4 delas da provincia de Ourense (Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras). A estas únense a D.O. Rías Baixas, o Consello Regulador de Licores e Augardentes de Galicia e as IXP de Viños de Galicia como Val do Miño e Barbanza e Iria.

Esta edición contará coa participación de 64 expositores entre os que poden atoparse adegas e consellos reguladores e unha caseta da Agrupación industrial de Turismo de Galicia que promociona os distintos roteiros do viños galegos.

'X Ourense Vinis Terrae'
Comentarios