sábado. 27.07.2024

Viño e Cereixas, de Festa en Belesar

As aguas do Miño que deixaron moito atrás Fonmiña, alí mesmo onde se ergue un monumento da autoria do escultor Magín Picallo,con berce Troans, ala por Cuntis, residente en terras de Goian, no sur Galaico, mais o longo caudal galego, atravesa moito mais abaixo un fermoso entorno natural e paixasístico, chamado Belesar, entre Chantada e O Saviñao, predominando cepas e cerdeiras, unidos pola ponte do mesmo nome, unha obra levantada sobre os pilares de orixe medieval, a mesma que durante seculos, serviu de enlace entre Portomarin e Ourense e que se derrubara noutrora por unha inundación.
IMG-20230522-WA0016
IMG-20230522-WA0016

Nos socalcos que abeiran o Miño no seu paso de Belesar, producense viños sibaritas aos que lle cantou o vate de Maríz, Paco Ledo

"Con aires de romeria/ sorriso e memoria/ entre uvas e Cereixas froridas/ Vai crava os pes na groria"

Un caldo que como cada ano ten a súa festa, chegando a edición de 2024 a XIX, a mesma que vai ter lugar os próximos días 18 e 19 de maio, exaltada a través da palabra por un Pregoeiro, recaendo esta edición en Avelino Muleiro, o mesmo que dirixe a revista "Ágora do Orcellón", en terras de O Carballiño e un longo currículum no ensino.

Os artistas Diego de Giráldez de A Cañiza e Manuel Ruibal, de Pontevedra con Eusebio Prado, da Adega de Fontao.
Os artistas Diego de Giráldez de A Cañiza e Manuel Ruibal, de Pontevedra con Eusebio Prado, da Adega de Fontao.

As aguas do Miño que deixaron moito atrás Fonmiña, alí mesmo onde se ergue un monumento da autoria do escultor Magín Picallo,con berce Troans, ala por Cuntis, residente en terras de Goian, no sur Galaico, mais o longo caudal galego, atravesa moito mais abaixo un fermoso entorno natural e paixasístico, chamado Belesar, entre Chantada e O Saviñao, predominando cepas e cerdeiras, unidos pola ponte do mesmo nome, unha obra levantada sobre os pilares de orixe medieval, a mesma que durante seculos, serviu de enlace entre Portomarin e Ourense e que se derrubara noutrora por unha inundación.

A paisaxe natural que ofrecen as cereixeiras en flor ou con froito maduros, irresistibles para trasladar as telas, ahí están Natureza morta con cereixas e duraznos" de Cezanne; "A recolledora de Cereixas" por Berthe Morisot, mesmo " Virxe da Porciúncula ", no Museo Nacional d' Arte Cataluña ou  "O neno das cereixas" de Manet.

Froito que pasou desapercibido para o pintor David Quintero, autor do cartel actual, no cual se pode ollar, unha postal do enclave con algunha embarcacion, os bancales,  adega e a Ponte, cenario, onde se corta a cinta.

IMG-20230522-WA0017

Esta XVIII edición, como Pregoeiro convidado, Avelino Muleiro, licenciado en Filosófia pola Universitat de Barcelona, Subdirector Xeral de Educación da Conselleria da Xunta de Galicia, Profesor de Filosofía no Instituto Ansias March de Barcelona. Anteriormente xa exaltaran os productos no día grande de Belesar, Sergio Pazos, Manola Porto, Fonseca Moretón, Pepe Posada, Bieito Ledo e mesmo a pintora Ana Cancela, entre outras personalidades do país galego.

Celebrarase durante os días 18  e 19 de Maio con pasarruas a cargo do Grupo de Gaitas Os Barrios de Chantada, Baile con Son de Festa alen do Certamen de Aturuxos, Papeiros e Rabudos, acontecimiento festivo gastronómico, para exaltación dos dous productos que se dan nos bancales do enclave que ladea o pai Miño, viño e cereixas, no que están involucradas además as Terras de Bendaña, Condado de Sequeiras e Prado Fontao.

Viño e Cereixas, de Festa en Belesar
Comentarios