jueves. 25.04.2024
LXIII edición da Festa do Viño do Condado do Tea, en Salvaterra

Señorío de Rubiós, a adega máis premiada cun Albariño, un Tinto e un Condado distinguidos como 'Deliciosos'

Esta adega de Tortoreos, As Neves, foi premiada co tinto Manuel D'Amaro Brancellao, o albariño, Señorío de Rubiós e Señorío de Rubiós Condado. Outros premiados foron, na categoría de Albariños DO Rías Baixas, Pazo de Lusco e Eido Novo (elaborado por Bodegas Señorío de Rubiós para Ana Belén Ferreiro Rocha). Na categoría de viños Rías Baixas Condado do Tea (DO Rías Baixas) distinguíronse, como 'Deliciosos' Más que 2 de Bodegas La Val e Señor da Folla Verde de Bodegas Marqués de Vizhoja.
Miguel Carballeda Piñeiro, director general da Once é 
 achegado o micrófono pola súa esposa para comezar o pregón. ROBERTO LEDO.
Miguel Carballeda Piñeiro, director general da Once é achegado o micrófono pola súa esposa para comezar o pregón. ROBERTO LEDO.

A adega que dirixe Antonio Méndez da DO Rías Baixas arrasou nesta LXIII edición da Festa do Viño do Condado do Tea con tres viños distinguidos como 'Deliciosos'. Logrounos esta adega de Rubiós, As Neves, co tinto Manuel D'Amaro, Brancellao, o albariño, Señorío de Rubiós e Señorío de Rubiós Condado. Outros premiados foron, na categoría de Albariños DO Rías Baixas, Pazo de Lusco e Eido Novo (elaborado por Bodegas Señorío de Rubiós para Ana Belén Ferreiro Rocha). Na categoría de viños Rías Baixas Condado do Tea (DO Rías Baixas) distinguíronse, como 'Deliciosos' Más que 2, de Bodegas La Val e Señor da Folla Verde de Bodegas Marqués de Vizhoja. Este concurso contou cun panel de catadores da DO Rías Baixas que, como todos os anos, puntúa os viños da subzona Condado do Tea que presentan as adegas. 

Este fallo deuse a coñecer tras o recoñecemento de novos confrades. A Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos nomeu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como confrade de honor, xunto co pregoeiro Miguel Carballeda Piñeiro, director xeral do grupo social Once. Ademais, a administrativa de adegas La Val, Isabel López Araújo, Víctor Otero Rodríguez, copropietario da Xanela Gastronómica de Ponteareas e Leopoldo Celard Correa da Taberna de Eligio en Vigo, foron recoñecidos como membros de número. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou o éxito das variedades desta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas, “unha terra mimada para o cultivo do viño polo coidado de 1.500 viticultores” e destacou a relevancia desta festa declarada de interese turístico de Galicia na promoción dos seus caldos.

Como recordou o titular do Goberno galego, Rías Baixas conta con máis de 4.000 hectáreas, máis de 5.000 viticultores e preto de 180 industrias que elaboran case 44 millóns de quilos de uva ao ano cun valor económico estimado de 180 millóns de euros. Como subzona desta denominación de orixe, Condado do Tea conta con 1.500 viticultores e unha superficie cultivada que supera as 1.000 hectáreas. Trátase dunha zona amparada polo indicativo de calidade recollido pola normativa europea e que a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) promociona baixo o paraugas de Experiencias de Calidade.

Rueda ratificou a aposta da Xunta polos caldos da subzona e destacou que a Consellería do Medio Rural, a través de Agacal, apoia o Consello Regulador Rías Baixas cunha liña de axudas para actividades de promoción dos viños galegos. O mandatario galego indicou que os balances anuais logo de cada vendima e ao final de cada temporada ratifican os beneficios acadados e avalan a viticultura como un motor para a economía galega, que xera na Comunidade 230 millóns de euros anuais.

Alfonso Rueda expresou a súa satisfacción por ser nomeado confrade de honra da Confraría do Viño Condado do Tea e Espumosos e salientou o éxito duns caldos cada vez máis consolidados no mercado, con especial referencia aos espumosos, “que xa son os viños máis solicitados en calquera mesa que se prece e que axudan a afianzar a marca Galicia Calidade”, indicou.

Tras o evento da Confraría do Viño do Condado do Tea, esta e outras confrarías convidadas desfilaron desde a Casa do Concello ata o recinto amurallado. Alí tivo lugar o singular pregón de 18 minutos do director xeral da Once, Miguel Carballeda Piñeiro. O pregoeiro organizou a intervención como un diálogo coa súa nai que o escoitaría desde algún lugar, dixo desde "a nube". Lembrou que era da parroquia de Oleiros, Salvaterra, recordou momentos da súa infancia. Gran parte do discurso de Carballeda foron alusións ao traballo da organización social Once. O pregoeiro gabou a xestión municipal do municipio e convidou a comprar o cupón aos seus 'sentinelas da sorte'. O sábado o cupón de toda España levaba una referencia á Festa do Viño do Condado do Tea.

Os confrades tiveron un almorzo de confraternidade na Casa do Viño onde degustaron os viños desta subzona Condado do Tea e produtos do mar e da terra. 

Señorío de Rubiós, a adega máis premiada cun Albariño, un Tinto e un Condado...
Comentarios