miércoles. 24.04.2024

La Reserva de Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês terá un plan de xestión propio

Fixa varias liñas estratéxicas, asimilables aos obxectivos, como consolidar e difundir a imaxe e identidade de Reserva da biosfera, a través de campañas de comunicación e divulgación así como desenvolver alianzas con outras entidades e proxectos para convertelos en embaixadores noutras rexións e países ou para novos públicos.
A reserva abarca unha superficie e case 260.000 hectáreas, das cales case 63.000 distribúense entre Calvos de Randín, Muíños, Lobios, Entrimo, Lobeira e Bande.
A reserva abarca unha superficie e case 260.000 hectáreas, das cales case 63.000 distribúense entre Calvos de Randín, Muíños, Lobios, Entrimo, Lobeira e Bande.

Tendo como base os obxectivos das reservas de biosfera definidos no programa Home e a Biosfera (MaB) e o Plan de acción de 2015-2020, préstase especial atención ás cuestións comúns relacionadas coa conservación e xestión dos recursos naturais e aos retos do desenvolvemento socioeconómico e sostible, dando prioridade ás actuacións de carácter transfronteirizo e de cooperación entre ambas rexións.

Nese sentido, a elaboración do plan requiriu un coñecemento e análise dos antecedentes e experiencias de cooperación e traballo conxunto no territorio transfronteirizo, tanto da área física, como dos recursos humanos, o marco socioeconómico, as infraestruturas, a planificación urbana, etc. Este traballo previo permitiu seleccionar e priorizar as accións a desenvolver nos vindeiros seis anos.

Fixa varias liñas estratéxicas, asimilables aos obxectivos, como consolidar e difundir a imaxe e identidade de Reserva da biosfera, a través de campañas de comunicación e divulgación así como desenvolver alianzas con outras entidades e proxectos para convertelos en embaixadores noutras rexións e países ou para novos públicos.

Peneda-Xeres
Peneda-Xeres

O segundo dos eixos é promover o desenvolvemento sostible a través de iniciativas que integren a compoñente natural, cultural, social e económica. Trátase de valorizar os recursos existentes e aproveitalos de xeito sostible, como motor de desenvolvemento socioeconómico, grazas á promoción do turismo verde, a valorización dos produtos locais, a preservación do patrimonio natural, paisaxístico e cultural e o uso axeitado dos recursos existentes; así como a conservación de prácticas tradicionais vinculadas á agricultura, como o pastoreo, a silvicultura e outras actividades económicas tradicionais.

Para acadar este obxectivo cómpre impulsar medidas coas que mellorar a accesibilidade, a mobilidade e as comunicacións da rexión, o que de seguro será un modo de atraer un turismo sostible, xunto con outras iniciativas como a posta en valor da gran ruta peonil transfronteiriza Xurés-Gerês.

O desenvolvemento económico e social desta zona non pode desenvolverse deixando atrás a conservación dos valores que fan única esta zona. Así, activaranse aquelas medidas que incrementen o coñecemento da área, promovendo a investigación e o coñecemento científico sobre os ecosistemas actuais e os valores xeolóxicos actuais e o seguimento dos hábitats existentes. Tamén se promoveran aquelas actuacións que pretenda a restauración ecolóxica das posibles áreas degradadas.

Por último, outro dos grandes obxectivos é garantir e a participación e integración social da comunidade e dos actores da reserva, para facelos copartícipes das decisións e protagonistas dos resultados obtidos, apostando por foros nos que se dea cabida ás poboacións e outros axentes que interveñen neste territorio, así como apoiar proxectos que apliquen o modelo integrado de desenvolvemento sostible.

Este plan estará exposto ao público en xeral durante un mes, e en particular para os veciños dos concellos galegos que se integran na mesma —Calvos de Randín, Muíños, Lobios, Entrimo, Lobeira e Bande—, para dar a coñecer o contido desta ferramenta coa que se pretende equilibrar os usos e a conservación dos valores deste espazo natural e co que avanzar cara a sustentabilidade, conservación e valoración do patrimonio natural.

La Reserva de Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês terá un plan de xestión propio