viernes. 15.11.2024
recibe o seu recoñecemento na Gala do Premio de Poesía Afundación

Rafa Vilar galardoado co XXI Premio de Poesía Afundación pola súa obra Os lugares da memoria

Rafa Vilar, galardoado co XXI Premio de Poesía Afundación pola súa obra Os lugares da memoria, recibe o seu recoñecemento na Gala do Premio de Poesía Afundación, este venres, 1 de decembro, no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela (Cervantes, s/n). Durante esta gala tamén se presentou a antoloxía XX aniversario Premio de Poesía Afundación (2002 – 2022), unha edición crítica e conmemorativa do vixésimo aniversario do premio.

Rafa Vilar, galardoado co XXI Premio de Poesía Afundación pola súa obra Os lugares da memoria, recibe o seu recoñecemento na Gala do Premio de Poesía Afundación, hoxe, venres 1 de decembro no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela (Cervantes, s/n). Durante esta gala tamén se presentou a antoloxía XX aniversario Premio de Poesía Afundación (2002 – 2022), unha edición crítica e conmemorativa do vixésimo aniversario do premio.

A este acto de celebración da poesía galega acudiron o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente do Centro PEN de Galicia, Luís González Tosar; o secretario do xurado e secretario do Centro PEN de Galicia; Xabier Castro; o responsable da escolma e estudo crítico da antoloxía, Mario Regueira; e o gañador da XXI edición do Premio de Poesía Afundación, Rafa Vilar.

O premio, convocado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Centro PEN de Galicia, foille outorgado a Vilar, entre as 34 obras inéditas presentadas, pola súa obra Os lugares da memoria. En palabras do xurado, conformado por Tensi Gesteira Estévez, Jesús Castro Yáñez e Pura Prado Baña, e o seu secretario e presidente, Xabier Castro Martínez e Luís González Tosar, a obra gañadora presenta «un uso destacado, na primeira parte, da prosa poética que dialoga, despois, con textos ben versificados conseguindo unha estrutura harmónica e ben definida. Os lugares da memoria acada altas cotas de emoción e exhibe unha capacidade reflexiva facendo uso dunha dimensión metapoética ao mesmo tempo que amosa no poema a realidade do mundo».

A gala contará coa presenza do dúo Cinta Adhesiva, conformado por Silvia Penas e Jesús Andrés Tejadas, que ofrecerá unha performance inspirada nos 21 poemarios merecedores deste galardón ao longo da súa historia.

Miguel Ángel Escotet, presidente da Obra Social de ABANCA, quixo subliñar que «O Premio de Poesía Afundación xurdiu canda o novo milenio e avanza no tempo como testemuño duns anos social e individualmente intensos que encontran o seu reflexo nos actuais intereses sobre a sostibilidade, tecnoloxía, ciencia ou humanismo, entre outros moitos, un feito que aflora nos traballos galardoados, converténdoos na evidencia poética da nosa realidade e que Afundación recolle de maneira conxunta nesta antoloxía que hoxe presentamos e coa que conmemoramos dúas décadas do noso premio. Arredor deste certame congréganse as vosas voces, as de vinte e un poetas ―sumamos xa a Rafa Vilar―, cuxas creacións amosan a vitalidade da lírica galega nunha conxuntura de recoñecemento permanente, tamén a nivel estatal, da riqueza da literatura de Galicia».

Finalmente, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, felicitou á gañadora «por un poemario que vén a sumarse a un elenco moi importante de premiados e premiadas. Vivimos unha época plena da literatura en galego, cunha gran variedade de estilos e temas, e recoñecementos dentro e fóra deste país».

O PREMIADO E O PREMIO

Rafael Vilar (Cee, 1968). Nado en Vigo en 1968, é filólogo e escritor, ademais de constituír un dos nomes de referencia do asociacionismo en Galicia. Entre a súa contribución poética ao acervo literario de Galicia, podemos sinalar os libros de poemas A sotavento dunha singradura, Escoración dos días, Migracións, Erosións ou A cidade e a chuvia. Entre a súa obra tamén atopamos obras de literatura infantil e xuvenil como Acuarelas, Patente de corso e Animario estrafalario.

O galardón, que implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 6000 euros, comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias do PEN Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande, Oriana Méndez, Medos Romero ou Ledicia Costas, gañadora da anterior convocatoria.

O premio, que celebra a súa vixésimo primeira edición, conta co apoio e a participación da Xunta de Galicia, cuxa implicación no proxecto garante a estabilidade do galardón e contribúe a preservar esta cita de referencia na axenda cultural galega, á vez que estimula a creación literaria. Afundación e o Centro PEN de Galicia, tras dúas décadas de implicación e compromiso coa poesía e coa literatura galega, continúan traballando por un xénero indispensable que serve de alicerce para a consolidación da renovación estética e para a normalización da lingua galega.

Rafa Vilar galardoado co XXI Premio de Poesía Afundación pola súa obra Os lugares da...
Comentarios