martes. 23.04.2024

Un total de 160 investigadores realizarán estadías de investigación e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal grazas ao programa IACOBUS, promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Das máis de 300 candidaturas presentadas seleccionáronse 102 para a modalidade de estadías, de 242 propostas, e 58 para publicacións, de 70 recibidas.

Das máis de 300 candidaturas presentadas, seleccionáronse 102 para modalidade de estadías de investigación e 50 para a de publicacións

A iniciativa vai dirixida a persoal investigador pre e posdoutoral, docente (PDI), e de administración e servizos (PAS) das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión co obxectivo de fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e de divulgación científica.

O investimento no programa ascende a 200.000 euros, dos que 148.600 se destinan ás estadías e 51.400 ás publicacións. O incremento das candidaturas rexistrado nesta edición do programa IACOBUS pon de manifesto a súa consolidación e impulsa o peso en Europa do labor investigador desenvolvido na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Para o director da AECT da Eurorrexión, Nuno Almeida, a área transfronteiriza “está na primeira liña das publicacións científicas en Europa”. Así, de entre os 58 artigos seleccionados, 40 apareceron nas revistas máis relevantes na súa categoría de coñecemento.

O investimento no programa ascende a 200.000 euros, dos que 148.600 se destinan ás estadías e 51.400 ás publicacións, co obxectivo de fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e de divulgación científica

A modalidade  IACOBUS-Papers apoia a publicación de artigos científicos e de investigación nalgunha das revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) ou no SCOPUS. Trátase de dous indicadores de calidade máis coñecidos e máis empregados polos organismos de avaliación da actividade investigadora a escala internacional. Estes artigos teñen que ser desenvolvidos a través da colaboración transfronteiriza conxunta, por autores pertencentes ás institucións de ensino superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal -universidades e institutos politécnicos-, que forman parte do programa.

A iniciativa promovida pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal impulsa o peso do labor investigador da área transfronteiriza en Europa

Pola súa banda, a modalidade IACOBUS Estancias beneficia proxectos presentados por persoal docente e investigador (PDI); investigadores pre ou post-doctorais con vínculo de investigación e Persoal Administrativo e de Servicios (PAS) das universidades, centros de ensino superior e fundacións biomédicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como por investigadores ou xestores de proxectos de I+D+i de centros tecnolóxicos.

INVESTIGACIÓN, FORMACIÓN E DIVULGACIÓN

O programa de cooperación científica, cultural e pedagóxica IACOBUS ten como obxectivo a promoción das sinerxías e o desenvolvemento de actividades de investigación, formativas e de divulgación entre universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos e fundacións biomédicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Con proxectos de investigación en todas as áreas de coñecemento, ao longo da súa historia suma máis de 2.300 candidaturas e un orzamento de case 1,6 M€.

A iniciativa enmárcase nas prioridades do Plan de Investimentos Conxuntos Galicia-Norte de Portugal (PIC 21-27) e nas áreas estratéxicas establecidas pola Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3-T). Ademais, conta con apoio e financiamento da Unión Europea a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

O programa ‘Iacobus’ permite a 160 investigadores realizarán estadías e publicacións...
Comentarios