sábado. 20.04.2024

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022, distincións destinadas a promover e recoñecer a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento de matemáticas, física e da ciencias da computación, química e xeoloxía, bioloxía e ciencias da saúde, ciencias técnicas ou ciencias económicas e sociais, todas elas integradas na RAGC.

Nesta trixésimo segunda edición concederanse premios en dúas categorías: a un traballo de investigación realizado por investigadoras e investigadores sénior, dotado con 6.000 euros e un diploma acreditativo; e un premio para incentivar a promoción de mozas e mozos investigadoras e investigadores menores de 30 anos, dotado con 2.000 euros e un diploma acreditativo. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 4 de novembro. Poderanse conceder mencións especiais ou declararse desertos.

Segundo as bases da convocatoria, poderán concorrer todas as persoas investigadoras que presenten un traballo realizado total ou parcialmente en universidades e centros de investigación de Galicia. Os traballos tratarán sobre temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas xa mencionadas das seccións da Academia. No caso do premio dun traballo de investigación, polo menos unha ou un dos autores deberá ser doutor. O traballo pode ser inédito, estar xa publicado ou aceptado para a súa publicación con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022.

Só se poderá concurrir a unha das dúas modalidades e presentarase unha única candidatura por solicitante. O xurado estará composto por sete membros, cinco deles pertencentes a cada unha das seccións da Academia.

Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022
Comentarios