jueves. 10.10.2024
Para reivindicar o valor do rural

Personaxes de gandeiros e gandeiras galegos formarán parte das cabalgatas de Reis de seis concellos

Desde CLUN salientan que o obxectivo desta proposta é “darlle visibilidade ás gandeiras e gandeiros de Galicia porque o maior compromiso da nosa cooperativa é o rural”. Así, as cabalgatas de Reis destes concellos contarán este ano cun pasaxeiro moi especial nas súas carrozas, a personaxe dun gandeiro ou gandeira vestido coa roupa propia da cooperativa.
Viñeta de Davila para a ocasión.
Viñeta de Davila para a ocasión.
CLUN (Cooperativa Rural Galega), con sede no concello coruñés de Ames e que conta con máis de 3.500 socios en toda Galicia, vai colaborar este Nadal cun total de seis concellos nas cabalgatas de Reis que van percorrer as súas rúas este xoves, 5 de xaneiro. Trátase das localidades de Santiago de Compostela, Ames, Mazaricos, Melide, Ribadeo e Caldas de Reis. Esta iniciativa lévase a cabo co propósito de reivindicar o valor rural desde as carrozas reais no marco dunha celebración que reúne a persoas de todas as idades.

Desde CLUN salientan que o obxectivo desta proposta é “darlle visibilidade ás gandeiras e gandeiros de Galicia porque o maior compromiso da nosa cooperativa é o rural”. Así, as cabalgatas de Reis destes concellos contarán este ano cun pasaxeiro moi especial nas súas carrozas, a personaxe dun gandeiro ou gandeira vestido coa roupa propia da cooperativa.

O gandeiro ou gandeira infiltrado en cada unha destas cabalgatas repartirá bolsiñas de lambetadas para os máis pequenos acompañando aos tres Reis Magos chegados de Oriente. Ademais, ao remate dos desfiles, agasallarase á rapazada con batidos de chocolate e con globos.

O debuxante galego Luis Davila deseñou un photocall para esta xornada festiva

Por outro lado, haberá un photocall creado particularmente para esta ocasión para CLUN polo recoñecido artista galego Luís Davila O Bichero, natural da localidade pontevedresa de Bueu. Trátase dunha viñeta protagonizada por gandeiros e gandeiras da nosa comunidade, co agro e o rural como protagonistas. A cooperativa quere animar deste xeito á cativada e tamén ás súas familias a que fagan un selfie de recordo desta xornada tan especial previa ao día de Reis.

 

Personaxes de gandeiros e gandeiras galegos formarán parte das cabalgatas de Reis de...
Comentarios