lunes. 26.09.2022

Pajares, flamante académico da RAGC: “¿Por qué la naturaleza es simple y bella?"

Carlos Pajares agradeceu á Academia a súa inclusión como académico de honra. No seu discurso formulou a pregunta “¿Por qué la naturaleza es simple y bella?”. E manifestou que “unificar la diversidad de fenómenos que se da en la naturaleza ha sido una constante en los avances de la Ciencia”. Nesta liña, sinalou que “en la Historia de la Ciencia ha habido grandes unificaciones que han dado lugar a grandes avances científicos y algunas también a profundas consecuencias sociales y económicas.
foto4
foto4

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou hoxe no Paraninfo da Universidade de Santiago o acto de ingreso de Carlos Pajares Vales (Madrid, 1945), catedrático de Física de Partículas da Universidade de Santiago (USC), como académico de honra da institución. Pajares pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado “Sencillez y belleza en la ciencia y en la naturaleza (En busca de la simetría perdida)”, que foi contestado en nome da Academia polo seu presidente, Juan Lema Rodicio.

SUSO RIVAS.

Ao acto asistiron, ademais de varios académicos da RAGC, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo, María Isabel Doval; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernádez Freixanes, entre outras autoridades.

foto3
SUSO RIVAS. 

Carlos Pajares agradeceu á Academia a súa inclusión como académico de honra. No seu discurso formulou a pregunta “¿Por qué la naturaleza es simple y bella?”. E manifestou que “unificar la diversidad de fenómenos que se da en la naturaleza ha sido una constante en los avances de la Ciencia”. Nesta liña, sinalou que “en la Historia de la Ciencia ha habido grandes unificaciones que han dado lugar a grandes avances científicos y algunas también a profundas consecuencias sociales y económicas. Se puede decir que el primer gran unificador fue Newton al darse cuenta de que la caída de una manzana de un árbol se regía por la misma ley que las órbitas de los planetas alrededor del Sol, proponiendo la ley de la gravedad y al mismo tiempo formulando las leyes que debían cumplir todos los movimientos”. Resaltou que a obra de Newton tivo unha repercusión enorme, mesmo en territorios aparentemente afastados, como o da Economía, no sentido da unificación de fenómenos, como a unificación dos intercambios comerciais mediante o principio do equilibrio entre a oferta e a demanda.

Pajares apuntou que “la simetría en la naturaleza ha sido fuente de inspiración de la humanidad a lo largo de toda su Historia, fuera de la Ciencia”. A modo de exempo, referiuse á arquitectura e á escultura de Grecia, onde se acuña a definición da beleza. Tamén citou a cultura árabe, a través das súas mezquitas, palacios e xardíns. E, por último, mencionou á música, en particular a de Johann Sebastian Bach, que “por su estructura, sus proporciones, contrapunto y belleza se ha asociado a las Matemáticas”.

foto2
SUSO RIVAS. 

“La búsqueda de la simetría nos ha llevado al conocimiento de la evolución del Universo, donde se relaciona lo más pequeño y lo más grande. El Universo ha pasado por toda una serie de etapas, un proceso en el que a medida que el tiempo transcurre se va rompiendo la simetría original. El dar marcha atrás, investigando las primeras etapas de la evolución, es en gran medida buscar la simetría perdida” -indicou o homenaxeado-. E explicou que a búsqueda desta simetría está a permitir na actualidade aplicacións revolucionarias como a computación cuántica.

Carlos Pajares salientou que “la realidad nos hace constatar que el proceso de la investigación es profundo, y cuanto mayor conocimiento tenemos más ventanas y horizontes se nos abren que nos hacen preguntarnos más y más, mostrándonos nuestro desconocimiento de la realidad. Los científicos experimentamos en mayor o menor grado la sensación de acercarnos al misterio de la naturaleza y al de nuestra existencia. Nos asombramos y maravillamos frente a la inmensidad y diversidad y las leyes del Universo, que en la medida que se van descubriendo se revela su sencillez y belleza”. 

 

Juan Lema, presidente da RAGC: “Carlos Pajares tivo un papel fundamental na formación das novas xeracións de reputados científicos”

O presidente da RAGC, Juan Lema, remarcou a importancia do nomeamento do profesor Carlos Pajares como académico de honra da institución. Referiuse a el como “un dos científicos galegos máis destacados do último medio século”. Lembrou que “o profesor Pajares inicia a súa carreira científica fascinado polo descubrimento da Física de Partículas nun curso de Doutoramento na Universidade Complutense de Madrid, no curso 1967-68”. Tamén destacou o seu periplo periplo internacional en centros de referencia como o Laboratoire de Physique Theorique d’Orsay da Université Paris-Saclay, o Institute for Nuclear Theory da Universidade de Washington en Seatle e posteriormente no prestixioso Rutherford Appleton Laboratory en Oxford e no National Argonne Laboratory en Chicago.

Carlos Pajares, durante a súa intervención.
SUSO RIVAS. 

En setembro de 1979 incorpórase como catedrático á Universidade de Santiago. “Moi rapidamente intúe que en Santiago poderá desenvolver un proxecto de vida persoal e académica polo que, malia as ofertas que recibe desde a Universitat Autònoma de Barcelona e da Autónoma de Madrid, decide encetar un camiño máis difícil, pero tamén extraordinariamente ilusionante” -sinalou Lema-. O profesor Pajares faise cargo da Dirección do Departamento de Física de Partículas, “onde implanta o seu modelo investigador cunha certeira visión de futuro, o cal serviu para proporcionarlle moitos éxitos aos grupos de investigación do departamento”.

Tras formar parte do equipo de goberno da facultade de Ciencias, no ano 1981 resulta elixido como primeiro decano da facultade de Física da USC. En 1984-1990 foi reitor da Universidade de Santiago. “Baixo o seu mandato tivo lugar un desenvolvemento sen precedentes dos campus universitarios de Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol e, moi particularmente, de Vigo e A Coruña; así como o decisivo impulso á investigación”,-salientou Lema-. No ano 1999 a súa intervención foi decisiva para a creación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, na actualidade centro de referencia internacional. O presidente da Academia puxo ademais de relevo “o papel fundamental que Carlos Pajares ten na formación das novas xeracións de reputados científicos”.

“Pola súa contribución á Ciencia, particularmente na área de Física de Partículas, como creador dunha escola recoñecida a nivel internacional, polo seu aporte á dinamización da investigación universitaria como reitor e pola súa labor de divulgación e defensa da Ciencia e a investigación, o profesor Carlos Pajares Vales faise merecedor de ser nomeado Académico de Honra da RAGC” -concluíu Juan Lema-.

 

Pajares, flamante académico da RAGC: “¿Por qué la naturaleza es simple y bella?"
Comentarios