jueves. 05.12.2024

Marca Galicia

Galicia como a segunda comunidade con maior proporción de pemes colaborando con axentes do ecosistema galego de I+D+i en proxectos innovadores. Constata, segundo remarcou Conde, que a Xunta está a facer un gran esforzo incentivador e de estímulo para impulsar a innovación no tecido produtivo.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Madrid na reunión do padroado da Fundación COTEC para a Innovación.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Madrid na reunión do padroado da Fundación COTEC para a Innovación.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, defendeu hoxe a importancia de impulsar internacionalmente a Marca Galicia da I+D+i porque contribuirá a captar máis fondos e investimentos e xerar, ao mesmo tempo, oportunidades profesionais.

Así o manifestou logo de participar en Madrid na reunión do padroado da Fundación COTEC, presidida polo rei Filipe VI, que sitúa Galicia como a segunda comunidade con maior proporción de pemes colaborando con axentes do ecosistema galego de I+D+i en proxectos innovadores. Constata, segundo remarcou Conde, que a Xunta está a facer un gran esforzo incentivador e de estímulo para impulsar a innovación no tecido produtivo.

O vicepresidente económico referiuse aos tres instrumentos que son clave para o despregamento da I+D+i en Galicia e polos que a RIS3 fai unha aposta sen precedentes: a colaboración público-privada, a compra pública innovadora e a especialización en sectores con grandes expectativas de crecemento como o aeroespacial ou o biotecnolóxico para xerar pegada industrial.

Son os tres elementos fundamentais, dixo, para acadar un dos principais obxectivos a afrontar que é romper o teito de cristal para as pemes en sectores tradicionais afastados aínda da I+D+i.

Marca Galicia
Comentarios