Lailuma Sadid, xornalista afgana: “As mulleres son fundamentais en todos os aspectos do desenvolvemento humano e nacional”

Lailuma Sadid, xornalista afgana, relatou a terrible situación que vive o seu país, pídelle á Unión Europea unha postura común e que non lexitime aos terroristas talibáns ©ROBERTO LEDO
III Congreso de Medio de Comunicación e Igualdade

A xornada de tarde do III Congreso Medios de Comunicación e Igualdade, organizado pola APG, arrancou coa intervención da xornalista afgana, Lailuma Sadid, redactora do “Brussels Morning”, en Bruxelas, que fixo un cru relato da terrible situación que atravesa o seu país desde a chegada ao poder dos talibáns, que cualificou como “de barbarie”.