viernes. 26.04.2024

Galicia quere ser a principal rexión en produción e exportación de castañas de España

Galicia aglutina máis da metade da produción de castaña e unha porcentaxe similar das empresas comercializadoras e das industrias de primeira e segunda transformación vinculadas a este aproveitamento forestal. Ademais, o propio Programa estratéxico contempla apoiar iniciativas que poñan en valor o souto tradicional, a castaña e o seu aproveitamento como patrimonio natural, cultural e recurso turístico.
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participou esta mañá na IX Festa da pisa da castaña de Purdeus, no concello ourensán de Parada de Sil.
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participou esta mañá na IX Festa da pisa da castaña de Purdeus, no concello ourensán de Parada de Sil.

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, apoiou os produtores galegos do sector da castaña coa súa presenza na IX Festa da pisa da castaña de Purdeus, no concello ourensán de Parada de Sil. Alí, destacou que a Consellería do Medio Rural está a impulsar o sector co Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña, que busca consolidar Galicia como a principal rexión en produción e exportación de castañas de España

Así, cabe indicar que a Comunidade galega aglutina máis da metade da produción de castaña e unha porcentaxe similar das empresas comercializadoras e das industrias de primeira e segunda transformación vinculadas a este aproveitamento forestal. Ademais, o propio Programa estratéxico contempla apoiar iniciativas que poñan en valor o souto tradicional, a castaña e o seu aproveitamento como patrimonio natural, cultural e recurso turístico.

Neste senso, o Programa pon en valor actuacións ligadas a tradicións coma os magostos ou a pisa tradicional da castaña -como é o caso desta festa-, a recuperación de infraestruturas tradicionais coma sequeiros ou caínzos e o impulso ás visitas e ao coñecemento de soutos destacados, coma os recollidos no Catálogo de árbores senlleiras.

Ademais, cómpre sinalar que a superficie actual de castiñeiro en Galicia supera as 49.000 hectáreas -localizadas principalmente nas comarcas do leste das provincias de Lugo e Ourense-, cunha produción media nos últimos anos próxima aos 20 millóns de quilogramos, cuxo valor económico rolda os 20 millóns de euros pagados aos produtores e os 50 millóns en produtos transformados.  

Galicia quere ser a principal rexión en produción e exportación de castañas de España
Comentarios