jueves. 25.04.2024

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o traballo da Escola Familiar Agraria (EFA) de Fonteboa, en Coristanco, na capacitación da mocidade no uso de drons. Arredor de 30 mozas e mozos participaron nesta actividade financiada pola orde de axudas de Iniciativa Xove.

O Goberno galego destinou 15.000 euros a este proxecto da EFA de Fonteboa durante os últimos tres anos. A través deste programa ofrécense ferramentas para construír, adaptar e usar un dron como ferramenta de traballo no medio rural.

A conselleira destacou que, a través da orde de axudas de Iniciativa Xove, a Xunta busca converter as ideas e proxectos da xuventude en realidade e saídas profesionais. Un grupo de mozas e mozos deste centro de formación participaron na primeira feira de proxectos Iniciativa Xove, celebrada este ano na Cidade da Cultura.

A conselleira de Política Social visitou esta semana as instalacións desta organización xuvenil en Coristanco.

Fabiola García destaca o traballo da escola familiar agraria Fonteboa na aprendizaxe do...