viernes. 26.04.2024

Enfermidades neurodexenerativas e envellecemento

Esta primeira sesión leva por título 'Enfermidades neurodexenerativas e envellecemento. Carlos Spuch Calvar, investigador sénior do Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e investigador do Centro de Investigación Biomédica en Red de Salud Mental (CIBERSAM) -pertencente ao Instituto de Salud Carlos III-, tratará os principais avances na enfermidade de alzhéimer.
NIGRAN (A RAMALLOSA). CARLOS SPUCH, INVESTIGADOR SENIOR DEL GRUPO DE NEUROCIENCIA TRASLACIONAL, INSTITUTO DE INVESTIGACION SANITARIA GALICIA SUR.
NIGRAN (A RAMALLOSA). CARLOS SPUCH, INVESTIGADOR SENIOR DEL GRUPO DE NEUROCIENCIA TRASLACIONAL, INSTITUTO DE INVESTIGACION SANITARIA GALICIA SUR.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra inician mañá martes, 3 de maio, ás 19:00 horas, a terceira edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o enorme labor científico que se leva a cabo en Galicia. Poderá seguirse de xeito presencial desde a sede da Deputación de Pontevedra ou en liña -o enlace obtense unha vez rexistrados na web da Deputación-.

O ciclo consta de dous bloques, un primeiro con seis relatorios impartidos por oito recoñecidos expertos e expertas entre abril e xuño, e un segundo bloque con cinco conferencias dirixidas a institutos de Secundaria e Bacharelato durante o inicio do curso académico 2022-2023 -de setembro a decembro-.

O presidente da RAGC, Juan Lema, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurarán esta primeira xornada; xunto á deputada de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra, Olga Mª García, e a vicepresidenta da RAGC e coordinadora do ciclo, Alicia Estévez, que intervirá ademais como moderadora.

 ALZHÉIMER

Esta primeira sesión leva por títuloEnfermidades neurodexenerativas e envellecemento". Carlos Spuch Calvar, investigador sénior do Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e investigador do Centro de Investigación Biomédica en Red de Salud Mental (CIBERSAM) -pertencente ao Instituto de Salud Carlos III-, tratará os principais avances na enfermidade de alzhéimer.

Segundo o experto, “a sociedade actual está a sufrir o envite das enfermidades neurodexenerativas, non sabemos se debido ao envellecemento, aos nosos hábitos ou a factores ambientais. Pero a realidade é que cada vez estamos a sufrir máis diagnósticos destas doenzas, que, debido a que afectan ao noso cerebro, vemos como se levan as nosas lembranzas, pensamentos e, en definitiva, o que somos”.

Vanessa Valdiglesias.
Vanessa Valdiglesias.

Alvar pon de manifesto que “hai moitas enfermidades neurodexenerativas, pero a máis prevalecente e a que máis impacto está a ter na nosa sociedade é o alzhéimer”. Sinala que ningunha destas doenzas ten tratamento ou cura, pero destaca que “nos últimos anos a neurociencia abriu camiños novos que están a facer que de súpeto aparezan novos fármacos para ser candidatos a tratar esta terrible enfermidade”.

O investigador explicará, desde a perspectiva da historia da enfermidade de alzhéimer, cara a onde se encamiña a investigación, que avances existen xa nos laboratorios e poderían ver a luz en poucos anos, e cales terán que agardar futuras investigacións.

FRAXILIDADE

Pola súa parte, Vanessa Valdiglesias García, investigadora do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, achegarase aos biomarcadores asociados ao envellecemento. Indica que “o concepto de fraxilidade xurdiu nos últimos anos como unha nova medida máis precisa da idade biolóxica”. Explica que se trata dunha “síndrome multidimensional de perda de reservas (enerxía, física, capacidade funcional, cognición, saúde…) que dá lugar a vulnerabilidade e supón un incremento de risco para alteracións da saúde, que poden implicar discapacidade, dependencia e mesmo mortalidade”.

A investigadora salienta que na actualidade a avaliación da fraxilidade baséase principalmente na determinación de parámetros clínicos, o que implica que é identificada cando xa se manifestou de forma clara. Con todo, apunta que, “posto que as bases biolóxicas da fraxilidade son multifactoriais, implicando a desregulación de diversos sistemas fisiolóxicos, poderíanse utilizar diferentes biomarcadores para tratar de identificala antes da súa manifestación clínica”. Segundo a experta, a determinación e validación destes biomarcadores proporcionaría un importante paso adiante na atención de pacientes xeriátricos, xa que permitiría anticipar ou mesmo previr o estado de fraxilidade.

A inscrición para participar gratuitamente en todas as conferencias debe realizarse a través da web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal/web/edepo/-/ciclo-de-conferencias-cientificas-aida-fernandez-rios). Os participantes poderán solicitar un certificado de asistencia.

Enfermidades neurodexenerativas e envellecemento