martes. 23.04.2024

A Xunta invitou esta mañá ao Concello de Santiago a solicitar a catalogación do Carballo do Bosque do Banquete de Conxo como árbore senlleira e que así sexa incluído no catálogo galego destes exemplares.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, xunto co alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou no inicio da campaña de apoio ao carballo de Conxo como Árbore Europea do Ano en 2022. Neste encontro, propúxolle ao rexedor iniciar os trámites para a inclusión deste exemplar no Catálogo galego de árbores senlleiras, e que así se sume ás 143 árbores e 38 formacións que xa forman parte.

Vázquez Mejuto destacou que o tamaño, a idade, o significado histórico e cultural, a rareza ou a beleza son valores que o poden facer merecedor non só de integrarse na listaxe de senlleiras, senón tamén, como se reivindicou esta mañá, de ser distinguido como Árbore Europea do Ano en representación de España.

A votación está aberta desde mañá ata o 28 de febreiro, polo que animou ao conxunto da sociedade galega a participar na elección deste exemplar, co que poñer en valor a inmensa riqueza natural da Comunidade.

Nese sentido, salientou tamén iniciativas como a plantación de carballos co colexio de Santa Apolonia na que participou hoxe, no Monte de Conxo, así como a exposición Reis do Bosque, na que se recollen as árbores máis singulares de España e que se pode visitar no Centro Obra Social Abanca, na praza Cervantes de Santiago.

PODES VOTAR A ESTA ÁRBORE E OUTRA MÁIS

Campaña de apoio do exemplar do carballo de Conxo como árbore senlleira e Árbore...