jueves. 14.11.2024

Atlas de Covas e Canóns de Galicia

O Atlas de Covas e Canóns de Galicia xa fora presentado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e polos responsables da Federación Galega de Espeleoloxía o pasado 11 de xuño de 2021 na Casa do Deporte. Alí, Lete Lasa destacou a importancia dos xacementos galegos como a Cova do Rei Cintolo, a cova máis grande de Galicia e a que conta con maior percorrido horizontal e puxo en valor o máis de medio milleiro de recursos que se atopan neste atlas, entre covas e canóns.
covas
covas

Atlas de Covas e Canóns de Galicia levado a cabo pola Federación Galega de Espeleoloxía en colaboración coa Xunta, vén de ser presentado no Espeleoforum Internacional celebrado en Burgos e no que participaron os proxectos de espeleoloxía máis interesantes de todo o país. Neste sentido, cómpre salientar o grande interese que está xerando a catalogación de cavidades e canóns en Galicia dentro da comunidade espeleolóxica de España e de Europa e, nomeadamente, o devandito Atlas que conta cunha colaboración de 12.000 euros por parte do Goberno galego, a través da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Segunda.

Este proxecto, que xa leva catalogadas máis de 600 cavidades e 30 canóns, centrase no desenvolvemento de aplicacións móbiles que permitan contar coa información das covas e dos canóns en tempo real e de xeito portátil. Conta co financiamento e apoio da Xunta, que leva dous anos respaldando os traballos da federación galega neste proxecto. A presentación do Atlas o pasado luns en Burgos correu a cargo do presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Gonzalo Villarmea, que valorou positivamente o interese mostrado, polo resto das federacións territoriais e da Federación Europea, no Atlas Galego. 

O Atlas de Covas e Canóns de Galicia xa fora presentado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e polos responsables da Federación Galega de Espeleoloxía o pasado 11 de xuño de 2021 na Casa do Deporte. Alí, Lete Lasa destacou a importancia dos xacementos galegos como a Cova do Rei Cintolo, a cova máis grande de Galicia e a que conta con maior percorrido horizontal e puxo en valor o máis de medio milleiro de recursos que se atopan neste atlas, entre covas e canóns.

O Atlas de Covas e Canóns de Galicia reúne as catro paisaxes subterráneas galegas (carst, pseudocarst, paracarst, covas de consecuencia), as construcións subterráneas máis singulares e os canóns equipados para a práctica deportiva. Trátase dun catálogo exhaustivo de covas, barrancos e canóns, que ofrece todos os datos posibles sobre cada un deles, tanto para facer máis doada e segura a visita como para permitir a análise da información unha vez estea dixitalizada. A Federación utiliza información básica e cartografía recollida na plataforma de Información Xeográfica de Galicia da Xunta.

Atlas de Covas e Canóns de Galicia
Comentarios