jueves. 14.11.2024

O visor do Expediente Xudicial Electrónico rexistrou no último ano un incremento de uso do 130%, pasando de preto de 40.000 consultas en novembro de 2018 a máis das 92.00 visitas rexistradas en novembro deste ano. O visor é unha solución única e multidispositivo, que permite a maxistrados, letrados, fiscais e funcionarios a consulta online de calquera expediente xudicial.

O viso, implantada desde 2018 na totalidade dos órganos xudiciais galegos, é unha das mediadas para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, que están a levar a cabo a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en colaboración cos profesionais do ámbito xudicial galego.

Por outra banda, avogados e procuradores xa poden descargar as gravacións das vistas das que son parte a través da sede electrónica xudicial. É unha das novas funcionalidades da sede, que se vén probando desde o pasado mes de abril en xulgados de Lugo e Pontevedra.

O acceso ás gravacións das vistas está restrinxida aos profesionais que interveñen neses procedementos e que poderán descargalas identificándose con certificados dixitais compatibles coa sede electrónica xudicial e cun sistema de códigos facilitado polo órgano xudicial no que ten lugar o procedemento. A posta en marcha deste novo servizo online evita aos profesionais ter que acudir ao xulgado para recoller a gravación nun soporte físico. Cómpre destacar, que ata novembro ano realizáronse máis de 76.800 gravacións de vistas nos xulgados galegos

MÁIS DE 1.300 MONITORIOS ON LINE

A sede electrónica xudicial entrou en funcionamento a finais de 2016 e desde entón foi incrementando os servizos dispoñibles co obxectivo de consolidarse como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos en liña do ámbito xudicial.

Unha das últimas funcionalidades habilitadas foi a presentación dos procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador. Ata novembro, xa se presentaron un total de 1.372 escritos en liña.

Ademais, a través de https://sede.xustiza.gal os cidadáns tamén poden facer un seguimento do procedemento e consultar os expedientes xudiciais dos que son parte través do espazo “a miña carpeta”.

Na sede tamén se pode comprobar a autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia, e dar de alta un aproderamento de xeito electrónico rexistrar un apoderamento apud acta O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial.

Cómpre lembrar que a sede está accesible tamén a través do portal xustiza.gal, no que están dispoñibles a axenda de sinalamentos de vistas, o calendario de gardas a calculadora de taxas xudiciais ou o censo de letrados

PLAN SENDA

A posta en marcha da sede xudicial electrónica foi un dos fitos previstos no Plan Senda 2020, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os profesionais do eido xudicial.

Cun orzamento de máis 26,6 millóns de euros o Plan Senda 2020 é a estratexia para consolidar a o traballo previo realizado no Plan Senda 2014 e que sentou as bases do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, onde están en marcha todas as pezas que permitirán unha xustiza integramente dixital.

As consultas online ao Expediente Xudicial Electrónico incrementáronse un 130% nun ano