viernes. 26.04.2024

'Árbores para a vida'

A adhesión de Galicia escenificouse esta tarde no monte Gaiás, onde a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o conselleiro do Medio Rural, José González, o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e a presidenta da Comisión de recursos naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), Ulrika Landergren, participaron na plantación simbólica dun castiñeiro, a primeira “árbore para a vida” coa que a Xunta se suma ao reto de reforestar Europa con 3.000 millóns de exemplares antes de 2030.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o conselleiro do Medio Rural participaron esta tarde na plantación dun castiñeiro no monte Gaiás.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o conselleiro do Medio Rural participaron esta tarde na plantación dun castiñeiro no monte Gaiás.

A Xunta de Galicia acaba de sumarse á iniciativa europea Árbores para a vida (Trees for life) impulsada este ano polo Comité Europeo das Rexións en liña co Pacto Verde e que ten como obxectivo concienciar e poñer de manifesto o papel fundamental dos bosques na loita contra o cambio climático.

A adhesión de Galicia escenificouse esta tarde no monte Gaiás, onde a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o conselleiro do Medio Rural, José González, o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e a presidenta da Comisión de recursos naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), Ulrika Landergren, participaron na plantación simbólica dun castiñeiro, a primeira “árbore para a vida” coa que a Xunta se suma ao reto de reforestar Europa con 3.000 millóns de exemplares antes de 2030.

Tras agradecer á representante comunitaria que escolleran Galicia e concretamente Santiago para celebrar hoxe e mañá a reunión da Comisión NAT e debater asuntos de gran relevancia en materia de sostibilidade, Ángeles Vázquez subliñou o acerto desta elección xa que, na súa opinión, a ruta xacobea é un dos mellores “exemplos de turismo sostible” e de que é posible lograr “a combinación perfecta entre desenvolvemento económico e protección dos recursos naturais”.

Así mesmo, a conselleira lembrou que a plantación do castiñeiro coincide e se enmarca nos actos da Semana por unha Galicia sostible organizados polo seu departamento con motivo do Día mundial do medio ambiente, que se conmemora o vindeiro 5 de xuño. Neste sentido, salientou que poucas rexións son conscientes como Galicia da importancia das súas formacións boscosas, un “órgano vital” para o planeta pola súa contribución de forma natural ao obxectivo da neutralidade climática.

Estímase que unha árbore pode absorber ata 150 kg de CO2 ao ano, unha capacidade que a converte nun factor clave na loita contra o cambio climático e para a mitigación dos seus efectos. Por iso, Ángeles Vázquez considerou que a Comunidade galega debe aproveitar a “vantaxe” que lle dan a riqueza, abundancia e variedade dos seus bosques para mellorar a súa resiliencia fronte a este fenómeno.

'Árbores para a vida'
Comentarios