sábado. 18.05.2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ven de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral oeste da provincia da Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa dou comezo ás 12.00 horas de hoxe e manterase activo ata as 00.00 do día 15 de febreiro. Agárdase mar combinada do oeste con ondas de cinco a seis metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
 

Alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña