viernes. 29.03.2024

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2020/21. A través dela, incorpóranse a este programa un total de 26 centros públicos, que se relacionan na seguinte táboa:

ProvinciaConcelloCentro
A CoruñaAbegondoIES de Viós
A CoruñaBoiroIES Espiñeira
A CoruñaBoiroIES Plurilingüe A Cachada
A CoruñaCarralIES de Carral
A CoruñaCoruña, ACEIP Eusebio da Guarda
A CoruñaCoruña, ACEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
A CoruñaLaracha, ACEIP Ramón Otero Pedrayo
A CoruñaSantiago de CompostelaCEE A Barcia
A CoruñaToquesCEIP Plurilingüe de Toques
LugoBarreirosCEIP San Miguel de Reinante Barreiros
LugoCervantesCPI de Cervantes
LugoChantadaCEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla
LugoMonforte de LemosEOI de Monforte de Lemos
OurenseAmoeiroCEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo
OurenseNogueira de RamuínCEIP Plurilingüe de Luíntra
OurenseOurenseCEIP Curros Enríquez
OurenseOurenseCEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB
OurenseOurenseIES Universidade Laboral
PontevedraMarínCEIP de Ardán
PontevedraMarínIES Chan do Monte
PontevedraNeves, AsCEIP Marquesa do Pazo da Mercé
PontevedraOiaCEIP de Refoxos
PontevedraPonte CaldelasCEIP Plurilingüe A Reigosa
PontevedraSalceda de CaselasCRA Raíña Aragonta
PontevedraSalvaterra de MiñoCRA A Lagoa
PontevedraVilagarcía de ArousaEOI de Vilagarcía


En total formarán parte do PLAMBE este curso un total de 705 centros públicos.

FONDOS


A dotación total asignada, para os centros de nova incorporación e para os de continuidade, ascende a 1.374.700‬ €. As asignacións para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.

Entre outras cuestións, a convocatoria establece que as adquisicións dos fondos se realizarán, preferentemente, a través das librerías da zona de referencia do centro, e que deberán incluír materiais destinados á atención da diversidade (libros e outros materiais destinados ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, altas capacidades, alumnado inmigrante etc.). Así mesmo, a multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente contempladas; e o 50% dos materiais adquiridos deberán ser en lingua galega. Ademais, poderase mercar con estas asignacións mobiliario específico e adaptado ás necesidades da comunidade educativa.

Por outra banda, os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado e do propio programa, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería, desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.
 

26 novos centros públicos incorporanse ao Plan de mellora de bibliotecas escolares