sábado. 27.04.2024

24 M€ este ano para impulsar a transformación dixital e sustentable do comercio galego

Ao longo de 2021 e 2022 apoiáronse máis de 13.660 comercios, praceiros, artesáns, centros comerciais abertos e entidades representativas a través de axudas para afrontar os retos da dixitalización; actuacións de dinamización; melloras nas prazas de abastos; apoios ao sector artesán e co programa do Bono Activa Comercio, entre outros. En total, cunha achega superior aos 30,3 millóns de euros para impulsar a dinamización e modernización do pequeno comercio galego, posibilitáronse investimentos e vendas por preto de 70 millóns de euros a través de medidas consensuadas e postas en marcha da man do sector, para axustarse mellor ás súas necesidades.

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, compareceu hoxe no Parlamento para informar sobre as principais medidas de apoio ao comercio de proximidade galego previstas para este ano, no que se destinan 24 millóns de euros a contribuír á transformación dixital e sustentable do sector comercial e artesanal; crear un hub de innovación comercial e artesanal para desenvolver novos modelos de negocio e mellorar a competitividade do sector; así como impulsar a formación e capacitación para os profesionais deste ámbito, entre outros aspectos.

Ao longo de 2021 e 2022 apoiáronse máis de 13.660 comercios, praceiros, artesáns, centros comerciais abertos e entidades representativas a través de axudas para afrontar os retos da dixitalización; actuacións de dinamización; melloras nas prazas de abastos; apoios ao sector artesán e co programa do Bono Activa Comercio, entre outros. En total, cunha achega superior aos 30,3 millóns de euros para impulsar a dinamización e modernización do pequeno comercio galego, posibilitáronse investimentos e vendas por preto de 70 millóns de euros a través de medidas consensuadas e postas en marcha da man do sector, para axustarse mellor ás súas necesidades.

Entre outras actuacións, Heredia destacou a axuda do fondo tecnolóxico, única dotada con fondos europeos Next Generation, e centrada en aspectos como a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a mellora da experiencia de compra dos usuarios, entre outros aspectos. O ano pasado lanzouse unha primeira convocatoria, con 2,7 millóns de euros de orzamento. En fase de resolución, o programa tivo unha grande acollida, con máis de 367 axudas solicitadas. A segunda convocatoria publicarase nesta primavera cun importe de 2,9 millóns de euros, alcanzando así os 5,6 millóns de euros. O director xeral de Comercio e Consumo tamén recordou o Bono Activa Comercio, que contou en 2022 coa participación de máis de 6.700 comercios de toda Galicia e que mobilizou vendas por un total de 16,3 millóns de euros.

As medidas específicas para este ano da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que se suman aos apoios da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, do Inega ou do Igape, entre outros, irán en liña co diagnóstico realizado co sector a partir de enquisas ás asociacións locais, estudos do sector e agrupacións sectoriais. Entre outras actuacións, destinaranse 7 millóns de euros para a modernización e dixitalización dos comercios de proximidade e os obradoiros artesáns.

DEREITOS

O labor de acompañamento ao sector compleméntase co traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia por informar e velar polos dereitos das persoas consumidoras e usuarias galegas. Durante o 2022 atendéronse 44.532 consultas fronte ás 40.047 do ano 2021, o que supón un incremento do 11%. Así mesmo, tramitáronse 23.210 reclamacións, un 25% máis que en 2021. E abríronse un total de 1.414 expedientes sancionadores por un importe total de 13,3 millóns de euros. O número de expedientes abertos supón un 43% máis que no mesmo período que no ano 2021, no que se abriron 987 expedientes por importe de 6,8 millóns de euros.

No tocante aos artesáns, ademais das diferentes medidas de apoio, Heredia lembrou que se está a traballar xunto co sector na tramitación da nova lei que impulse a Artesanía de Galicia cara ao futuro como unha actividade económica sustentable e xeradora de emprego e vencellada ao territorio.

24 M€ este ano para impulsar a transformación dixital e sustentable do comercio galego
Comentarios