jueves. 28.03.2024

O CEIP Ramiro Sabell e o CPR La Inmaculada, gañadores do Campionato Zonal Escolar de Bádminton de Ponteareas

Tras dous anos de parón pola situación sanitaria, máis de 70 deportistas de 10 centros educativos competiron en case 250 partidos que encheron de bádminton o pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino. O CEIP Ramiro Sabell proclamouse como centro escolar campión na categoría feminina, mentres que o CPR La Inmaculada fíxoo na masculina. 
O CEIP Ramiro Sabell e o CPR La Inmaculada, gañadores do Campionato Zonal Escolar de Bádminton de Ponteareas  03
O CEIP Ramiro Sabell e o CPR La Inmaculada, gañadores do Campionato Zonal Escolar de Bádminton de Ponteareas 03

Grande éxito do Campionato Zonal Escolar sub-13 de bádminton, unha competición na que colabora o Concello de Ponteareas e que supón o colofón final a unha nova edición das xornadas deportivas escolares 2022 postas en marcha entre o Club Bádminton Ponteareas e a Asociación de Profesores de Educación Física da Zona Condado-Paradanta, Adecompar.

Tras dous anos de parón pola situación sanitaria, máis de 70 deportistas de 10 centros educativos competiron en case 250 partidos que encheron de bádminton o pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino. O CEIP Ramiro Sabell proclamouse como centro escolar campión na categoría feminina, mentres que o CPR La Inmaculada fíxoo na masculina. En competición individual, na categoría feminina Vera Rodríguez rematou no primeiro posto, seguida de Alba Fernández (prata) e Marta Castillo e Xulia Lorenzo (bronce). Pola súa banda, na masculina o ouro foi para Yoel Diz, mentres que Nicolás Otero quedou segundo e Álex Martínez e Diego Martínez remataron en terceiro posto. 

O CEIP Ramiro Sabell e o CPR La Inmaculada, gañadores do Campionato Zonal Escolar de Bádminton de Ponteareas  03

O Concello quere transmitir os seus parabéns a todas e todos os participantes “nesta festa do bádminton escolar con tantos partidos en xogo” e louvar a grande actitude de todos os nenos e nenas do torneo, “que fixeron unha grande exhibición de deportividade, compañeirismo, traballo en equipo, esforzo e xenerosidade”, como recalca o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó. Tamén quixo agradecer a todas as persoas que acompañaron aos nenos e nenas e que estiveron case cinco horas de competición animando e amosando o seu apoio, así como ao Club Bádminton Ponteareas polo traballo realizado para levar a cabo este proxecto.

Nas xornadas e na competición participou alumnado de primaria do CEIP Feliciano Barrera, CEIP Santiago Apóstol, CEIP Fermín Bouza Brey, CEIP Ramiro Sabell, CEIP Antonio Blanco, CPI de Mondariz, CEIP Infante Felipe, CPR La Inmaculada, CEIP Santiago de Oliveira e CEIP de Leirado.

O CEIP Ramiro Sabell e o CPR La Inmaculada, gañadores do Campionato Zonal Escolar de...