lunes. 29.04.2024

As mozas e mozos que residan na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, teñan entre 16 e 36 anos de idade e escriban unha obra orixinal en portugués ou en galego, de cinco mil a oito mil palabras  poderán concorrer, ata o vindeiro 19 de xullo, na 10ª edición do premio Nortear de relato curto. O certame de 2024 ten unha dotación económica de tres mil euros (3.000 €) para o vencedor e posibilita a publicación da obra tanto en portugués como en galego.

Os participantes teranse que inscribir na plataforma: https:// nortear. gnpaect.eu/

O premio é unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da CCDR-Norte I.P.

10 años despois, o premio Nortear acadou moito prestixio; é un exemplo destacado de espazo cultural único na Eurorrexión, alén de ser unha plataforma de lanzamento para a mocidade escritora da Eurorrexión, ao distinguir anualmente obras literarias orixinais, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes en Galicia e no Norte de Portugal e promover internacionalmente a distribución das obras.

Nas nove edicións de éxito do premio Nortear realizadas ata hoxe presentáronse case 400 obras de mozas e mozos dos dous territorios.

Poden participar tódalas persoas con plena capacidade xurídica de entre 16 e 36 anos, nadas ou residentes na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa -segundo o novo acordo ortográfico- e en lingua galega -segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega-, sobre o xénero do relato curto.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a CCDR-Norte I.P. colaboran de forma continuada, promovendo distintas actividades co obxectivo do coñecemento mútuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral, en ambos os territorios.

Os nove gañadores das anteriores edicións do premio Nortear foron: Lara Dopazo, Rui Cerqueira Coelho, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar, Marta Pais de Oliveira e Vicente Vázquez.

O proxecto europeo Nortear é un polo cultural de referencia en Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza. Está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP).

Nortear para novos escritores da nosa Eurorrexión
Comentarios