jueves. 28.03.2024

O Consorcio de Santiago leva editadas

208 publicacións desde a súa creación no ano 1992. A área editorial está

composta por seis bibliotecas: científica (63), de divulgación xacobea (60),

literaria (39), infantil e xuvenil (25), facsimilar (11) e de imaxes (10). A

xerente da entidade, Belén Hernández, destaca o valor do legado que unha

colección “así” supón para a cidade: “Estamos ante un compendio de obras de

gran calado en materia de investigación e coñecemento sobre Santiago. A súa

dimensión divulgativa é transcendental, e a colaboración das editoriais,

imprescindible. Tamén o papel do responsable, Juan Conde, é

extraordinario, pola súa dedicación incansable e metódica na selección das

obras, escrutinio dos textos e elección dos formatos e calidades acaídos”.

Supuxo un

paso “importantísimo” no campo das publicacións relacionadas coa cidade,

segundo explica Conde, xa que ata a súa aparición os referentes eran

“escasos”, agrega. “Foron uns inicios duros, inaugurados por Darío

Villanueva, pero o público empezou a valorar as publicacións do Consorcio

ao ver que os autores que confiaron en nós son investigadores da USC de

primeiro nivel, e a súa calidade non deixa lugar a dúbidas. Hoxe cítanse na

inmensa maioría dos traballos de investigación e xa son un referente na cidade

e Galicia. Había una gran baleiro que creo que se está a cubrir con acerto”,

destaca o responsable de publicacións e exposicións da entidade.

A

colaboración en coedición con outras firmas resulta “primordial” para a

difusión dos libros, subliña Conde. “Cada libro é diferente e detrás de

cada un hai unha historia. É unha gran satisfacción ver como unhas páxinas

escritas no pecé se converten nun libro meses despois”, conclúe.

Historia de

la ciudad de Santiago, coordinado polo profesor Ermelindo Portela –“era unha débeda coa

cidade”–; a edición facsimilar da Viaxe de Cosme de Médicis a Santiago ­–“un

dos primeiros publicados en gran formato”–; 

Ángeles de Compostela, de Gerardo Diego, e Seis poemas galegos,

de Lorca; a colección infantil Branco de Cores ­–foi un éxito entre os

cativos–; e os dous volumes de Pablo Costa sobre o urbanismo de Compostela;

constitúen a selección que fai Conde, “sempre imperfecta e subxectiva”,

de toda a colección. O seu departamento ten enriba da mesa varias propostas e

ideas que se están a barallar e analizar de cara á celebración do Ano Xacobeo

2021.

Máis de duascentas publicacións enchen as seis bibliotecas que edita o Consorcio de...