sábado. 05.10.2024

Elena Gallego, autora de ‘El legado de la Niña de la sal’: “Levoume meses atreverme a abrir a caixa”

A Elena poderían alcumala a ‘filla da nena do sal’. Esta xornalista e escritora publicou recentemente unha novela histórica en Esfera de los Libros, titulada ‘El legado de la Niña de la Sal’. A súa axente literaria conseguiu a publicación da novela en castelán aínda que ela é escritora en lingua galega e a “súa casa” é editorial Xerais.
Elena Gallego Abad, autora de 'El legado de la niña de la sal'.
Elena Gallego Abad, autora de 'El legado de la niña de la sal'.

A Elena poderían alcumala a ‘filla da nena do sal’. Esta xornalista e escritora publicou recentemente unha novela histórica en Esfera de los Libros, titulada ‘El legado de la Niña de la Sal’. A súa axente literaria conseguiu a publicación da novela en castelán aínda que ela é escritora en lingua galega e a “súa casa” é editorial Xerais.

 

Elena Gallego Abad ten moi claro o que é un legado. Ela recibiuno no leito de morte da súa nai cando lle prometeu que publicaría as súas memorias que se recollían en cadernos. Son vinte anos da súa vida que Elena, de xeito conciso, relata en 400 páxinas que, ademais dos cadernos, recollen o traballo de campo que realizou con un dos seus irmáns.  “Conto bastante”, “fixen unha recreación”, di a Diario Luso-Galaico.

A Elena costoulle empezar a ler os cadernos. “Levoume meses atreverme a abrir a caixa”. Pasados xa tres meses da morte da súa nai, que foi un mes de febreiro, chegou maio, data en que ambas cumprían anos –o 27 e ela o 29- e ese era o primeiro ano que non compartían o pastel de aniversario.

Aquelas libretas co carteliño ‘De mamá. Non tocar´. Non tiña moitas ganas, porque intuía que se a miña nai tiña interese en que se contase a súa historia era porque se trataba de algo importante”. E engade: “tes ese pudor, ese medo de non estar a altura e...só tiña unha oportunidade”.  

Ela tiña sabido que a súa nai “sufrira de pequena, que quedara orfa, que fóra recollida por unha familia que non a trataba ben...que o tiña pasado moi mal”.

Elena sacou a xornalista que leva dentro e marchou á terra natal da súa nai, Viviero, na mariña lucense. Empeza a investigar os pasos (1947) da súa nai, Carmiña, coñecida pola nena do sal. De aí o título da novela histórica que escribiría. Nesa época en Viviero era importante o comercio do sal que abastecía o Cantábrico, o sal para os salgados dos cataláns, e abastecían as conserveiras. A súa nai era a nena do sal de Colosía, a familia para a que a traballaba.

Elena2
 Son vinte anos da vida da súa nai que Elena, de xeito conciso, relata en 400 páxinas.

O primeiro reto foi “atreverme a contar a través da miña nai como personaxe dunha novela”. Ademais deu vida a Inés, un personaxe de ficción a quen, recoñece, “dinlle unha personalidade semellante á miña”. E  conclúe: “Ela afástame, pero Carmiña acércase”. Elena reflicte así a vida dunha nena que vive as consecuencias da posguerra.

Explica a escritora que, “por tratarse dunha historia tan persoal, a moita xente lle chega o relato”. Nas presentacións da novela ou en redes a Elena chégalle que hai xente que se identifica cos personaxes da súa obra. “De repente, o que ti novelas acaba sendo a historia de moitas familias que non o contaron por vergonza ou medo”, di.

Elena Gallego con el director de DL-G en la presentación de su novela en Vigo.
Elena Gallego con el director de DL-G en la presentación de su novela en Vigo.

A Elena Gallego gustaríalle que houbese moita xente que contase a súa historia familiar. “Non é que lles falte técnica a algúns, senón que carecen dese pulo inicial de ‘voume poñer a escribir’. Con que unha persoa cada tres xeracións recompilase os datos familiares xa habería continuidade na historia de moitas familias.

Efectivamente, é moi importante saber quen somos, de onde vimos e a onde imos. E non nos debe importar se hai moitas cousas feas ao afondar na historia familiar.  

Para coller pulo, nada mellor que ler: ‘El legado de la Niña de la Sal’.

Elena Gallego, autora de ‘El legado de la Niña de la sal’: “Levoume meses atreverme a...
Comentarios