domingo. 14.07.2024

Cadáver exquisito é como se denomina este xogo impulsado polos surrealistas que consiste en crear un texto colaborativo. Ledicia Costas foi a encargada de comezar o relato, co único requisito de que Vigo debía ser o marco no que acontecese a acción. Seguiranlle Pedro Feijoo, María Reimóndez, Domingo Villar, María Xosé Porteiro,
Marcos Calveiro, Francisco Castro, Rexina Vega, Manuel Esteban e Inma López Silva será a encargada de poñerlle fin.

Os autores teñen total liberdade creativa, máis deben continuar a historia onde a deixou o seu predecesor para que o relato unha vez estea completado teña sentido. O relato de Ledicia Costas xa se pode ler tanto na revista física de A Movida de maio (dispoñible en diferentes locais da cidade de forma gratuíta) como na súa versión dixital. Neste primeiro capítulo, o Edificio Simeón, emprazado na Porta do Sol, colle un especial protagonismo; ademais a escritora fai referencia a outros elementos da cidade como o Sireno ou a ninfa e o dragón do Paseo de Afonso. O resto dos relatos iranse publicando mensualmente coa chegada dun novo número desta revista cultural.

Este proxecto impulsado pola revista A Movida, pode levarse a cabo grazas ao apoio da Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Dez escritores e un só escrito