miércoles. 09.10.2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do catálogo de Libros Infantís e Xuvenís de Galicia 2024, elaborado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para dar a coñecer no exterior co gallo das feiras do libro deste ano.

Coincidindo co Día do Libro Infantil e Xuvenil, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sinalou que con “este catálogo, no que colaboramos, queremos achegar toda a diversidade e variedade que os lectores poden atopar na literatura infantil e xuvenil galega”.

O catálogo contén 143 títulos de máis de 20 editoriais que reflicten a diversidade e a gran produción do sector, así como a permanente renovación formal e estética dos seus profesionais. Así o reflectiron durante a súa presentación, previa á celebración da Feira do Libro Infantil de Boloña, a primeira das citas  internacionais á que acudirá este ano a Xunta de Galicia para promocionar o sector do libro e cultural. Esta celebrarase do 8 ao 11 de abril e estará presente este catálogo que ofrece numerosas propostas nela.

Internacionalización do libro

“Coa nosa presenza en Boloña queremos amosar o noso compromiso de seguir promovendo e dando a coñecer a nosa literatura infantil e xuvenil e aos seus autores”, indicou Anxo M. Lorenzo, recordando que a Xunta de Galicia dará a coñecer na cidade italiana o gran momento que vive a industria literaria galega, para “o que é fundamental a implicación de todo o sector cultural”.

Na Feira de Boloña estarán presentes, entre outros, os ilustradores Nuria Díaz e Diego Estevo e alumnado das EASD Pablo Picasso da Coruña e Antonio Faílde de Ourense. Cun stand propio, o Goberno galego disporá de espazos para un punto de información, así como para presentacións e exposicións.

A Xunta e Gálix presentan un catálogo contén 143 títulos de libros infantis e xuvenis...
Comentarios