sábado. 20.04.2024

Unha véntena de establecementos de restauración de Tui participan neste mes de marzo no II Concurso.  Trátase dunha iniciativa da Asociación Cultural Arraianos que conta coa colaboración do Concello de Tui a través das concellerías de Comercio e Turismo.

Esta mañá tivo

lugar a presentación deste evento por parte da concelleira de Comercio, Ana Mª

Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz, e a

presidenta de Arraianos, Andrea Costa.

Na presentación

deste mediodía a concelleira Ana Mª Núñez destacou a importancia deste evento

porque crea “marca” no municipio, atrae visitantes e dinamiza a cidade.  Mentres o concelleiro Ismael Diz, resaltou o

interese da iniciativa e desexou que supere o éxito acadado xa na primeira

edición.

Andrea Costa,

presidenta de Arraianos, explicou o funcionamento deste concurso de tapas que

se celebrará os venres e sábado dende esta fin de semana e até finais de mes.

Establécense catro

rutas con cinco locais en cada unha delas. A Ruta Lume na que participan

Tapería Remesal, Restaurante Casa Pote, El Pilar Café-Bar, El Molino, e La Gran

Manzana. A Ruta Río está formada por O Peto das Ánimas, o Café Bar El Pórtico,

Santiamén, La de Manu, e Tapería Época. Mentres Tapas e Viño, Gastro Taberna

Santiamén, Tapería O Albergue, O Vello Cabalo Furado e Ideas Peregrinas integran

a Ruta Terra. Por último na Ruta Ceo están o Asador Pizzería La de Jose Luís, La

Oruguita, Amazonas, Café Bar Entrehoras e Puro Sabor.

Os venres e

sábados poderanse degustar un total de 22 tapas coma “Crocante da Raia”, “Primavera

de aguacate”, “Lulas flores”, “A Granxa de Teo” ou Empanadilla de lacón con

grelos e queixo de Arzúa.  Hai dúas

modalidades unha tapa tradicional, que terá un prezo de 2€, e unha tapa

creativa cuxo prezo será 3.

Cómpre consultar

no folleto do concurso os horarios e datas nas que se servirán as tapas en cada

local.  Algunhas das tapas ofertas son

aptas para celíacos, outras vexetarianas e veganas, estando identificadas no

folleto do concurso.

As persoas que

degusten as tapas poderán puntualas nas papeletas que estarán dispoñibles en

cada local, e isto lles dará a opción a entrar no sorteo dos catro premios establecidos:

Unha noite en Aloia Nature, unha cea para dúas persoas en Santiamén, un circuíto

de spa para dúas persoas, e a visita a unha adega e cata de viño tamén para

dúas persoas.

Tui&Tapa, os venres e sábados degustación dun total de 22 tapas