jueves. 28.03.2024

O Concello de Salvaterra, dentro da campaña autonómica “Quere o teu mercado” organiza unha actividade de cociña no mercado municipal para os máis cativos

O sábado 3 de Xuño de 11.00h. a 12.30h., ven cociñar ao teu mercado. Se tes entre 5 e 14 anos non te perdas esta divertida actividade,  mercaremos e faremos unha rica receita na Praza de Abastos.

Desde O Concello animamos a tod@s os nen@s de Salvaterra a participar nesta actividade, subvencionada pola Xunta de Galicia dentro da campaña QUERE AO TEU MERCADO', co propósito de que @s nen@s, e os nosos veciños  coñezan a profesionalidade e bo facer dos  praceiros e praceiras, e saiban mercar produtos frescos e da zona.

Temos prazas limitadas só tes que anotarte desde hoxe día 23 de maio, ao venres 2 de xuño ata as 14:00hda tarde, mandando unha mensaxe electrónica a [email protected] indicando nome, apelido e idade.

Animádevos!!

'Quere o teu mercado' convida aos cativos salvaterrenses a cociñar
Comentarios