domingo. 28.04.2024

Ponteareas aproba bonificacións en impostos para a rehabilitación de vivendas, cesión de portais aos alfombristas e centros culturais

O pleno do Concello de Ponteareas celebrado onte deu luz verde, por maioría absoluta, a dúas propostas fundamentais que conlevan  modificacións significativas nas ordenanzas fiscais do municipio. Trátase da bonificación nun  95% da contía tanto do ICIO, Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras como do IBI, Imposto sobre Bens Inmobles.
Plaza Mayor. Ponteareas.
Plaza Mayor. Ponteareas.

O pleno do Concello de Ponteareas celebrado onte deu luz verde, por maioría absoluta, a dúas propostas fundamentais que conlevan  modificacións significativas nas ordenanzas fiscais do municipio. Trátase da bonificación nun  95% da contía tanto do ICIO, Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras como do IBI, Imposto sobre Bens Inmobles.

A primeira, referente ao ICIO, implica unha serie de bonificacións estratéxicas para fomentar o progreso urbanístico e social na localidade como é o caso da cota para obras realizadas por administracións públicas, o que beneficiará á construción do novo centro de saúde, unha medida crucial para o benestar dos veciños e veciñas.

 Ademais, establécese unha bonificación por defecto, é dicir, sen necesidade de levarse a pleno, para as obras realizadas nas instalacións por parte de colectivos sociais, culturais e deportivos, sempre que estean aliñados cos obxectivos das devanditas organizacións.

Outra disposición importante é a bonificación nese 95% para obras en áreas declaradas de rehabilitación integral por parte da Xunta de Galicia ou outras administracións, así como para edificacións con máis de 75 anos de antigüidade. Estes cambios compleméntanse coa equiparación do tipo impositivo ao 4%, aliñándoo así cos estándares da maioría dos concellos provinciais. Esta subida soamente repercute sobre as obras de carácter maior xa que as de pequeno volume non se incrementan.

Pola súa banda, a bonificación no IBI, apunta a excluír desta taxa aos centros sanitarios de titularidade autonómica, fortalecendo así a infraestrutura de saúde. Así mesmo, outórgase esta bonificación de forma automática para centros culturais non municipais, estendendo esta vantaxe pero condicionada á aprobación en pleno aos propietarios que cedan os seus inmobles ás asociacións alfombristas para eventos como o día do Corpus.

Estas propostas, apoiadas por unha maioría absoluta no pleno, reflicten o compromiso do Concello de Ponteareas co desenvolvemento urbano sostible, o estímulo á actividade cultural e o apoio a iniciativas sociais clave.

Ponteareas aproba bonificacións en impostos para a rehabilitación de vivendas, cesión...
Comentarios