Novos nomes de prestixio súmanse aos 'Cabaleiros de Vigo' en Lugo
Este sábado, Os Cabaleiros de Vigo foron recibidos na Praza de Santa María de Lugo, xunto á Catedral, polo Deán, Xosé Mario Vázquez Carballo, e o director do Museo, Marcos Calles.
e o director do Museo, Marcos Calles,
dan a benvida aos Cabaleiros de Vigo á súa chegada a Lugo.
Foi este último quen acompañou a colectividade chegada de Vigo durante dúas horas, mostrándolles as obras artísticas que atesoura o templo. A Catedral de Lugo, unha mestura de estilos románico, renacentista e neoclásico, alberga tamén o seu impresionante Retablo Maior, declarado Patrimonio da Humanidade dende 2015 e parte dos Camiños de Santiago de Compostela (Francés e do Norte).
Antes de iniciar a visita polo interior da Catedral, no mesmo claustro, foron nomeados Novos Cabaleiros Juan Carlos García, José Manuel Peleteiro e Carlos Simón Alonso.
Unha vez finalizado o percorrido, a colectividade proseguiu polas rúas empedradas ata chegar ao Restaurante España, onde puideron desfrutar da gastronomía local.