lunes. 09.03.2026

Este sábado, Os Cabaleiros de Vigo foron recibidos na Praza de Santa María de Lugo, xunto á Catedral, polo Deán, Xosé Mario Vázquez Carballo, e o director do Museo, Marcos Calles.

O Deán da Catedral de Lugo, José Vázquez Carballo, e o director do Museo, Marcos Calles, dan a benvida aos Cabaleiros de Vigo á súa chegada a Lugo.
O Deán da Catedral de Lugo, José Vázquez Carballo,
e o director do Museo, Marcos Calles,
dan a benvida aos Cabaleiros de Vigo á súa chegada a Lugo.

Foi este último quen acompañou a colectividade chegada de Vigo durante dúas horas, mostrándolles as obras artísticas que atesoura o templo. A Catedral de Lugo, unha mestura de estilos románico, renacentista e neoclásico, alberga tamén o seu impresionante Retablo Maior, declarado Patrimonio da Humanidade dende 2015 e parte dos Camiños de Santiago de Compostela (Francés e do Norte).

Antes de iniciar a visita polo interior da Catedral, no mesmo claustro, foron nomeados Novos Cabaleiros Juan Carlos García, José Manuel Peleteiro e Carlos Simón Alonso.

Unha vez finalizado o percorrido, a colectividade proseguiu polas rúas empedradas ata chegar ao Restaurante España, onde puideron desfrutar da gastronomía local.

Novos nomes de prestixio súmanse aos 'Cabaleiros de Vigo' en Lugo
Comentarios