sábado. 12.10.2024

Onte pola noite celebrouse no Pazo de Mos a presentación das XIX Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que conta co apoio e colaboración da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra. No acto estiveron presentes Laura Méndez Senlle: concelleira de Medio Ambiente, membros da Directiva da Comunidade de Montes ‘Monte Salgueirón’ de Mos, membros da Fundación Pazo de Mos, membros da Asociación de Hostaleiros BARES Mos, hostaleiros participantes nas Xornadas; e demais concelleiros/as, membros do equipo de goberno local e da Corporación Municipal.

Os participantes nesta 19 edición son Pazo de Mos, Adega da Tía Carmen, Baxiña, Curuxeira, Bocadiño e Maceira. Nesta ocasión incorpórase unha interesante novidade que é a inclusión de 4 pratos veganos entre a oferta de tapas a degustar: “burguer vegana de setas”, “caldo das bruxas”, “setas á feira” con shiitake e alga nori e “potaxe de garbanzos con setas”.

O 5 de novembro a xornada de degustación no Pazo de Mos contará cun concerto en pequeno formato de Son do Sil

O programa de actividades comezará o vindeiro 30 de outubro coa primeira das charlas formativas titulada “A sostibilidade na madeira do piñeiro” a cargo de Francisco Dans, director da Asociación Arume. Todas serán ás 20.30 horas no Pazo de Mos. A segunda das charlas titúlase “Coñecendo o mundo dos cogomelos” a cargo de Puri Lorenzo, bióloga especialista en micoloxía e Luis Freire do Grupo Micolóxico Galego e terá lugar o día 31 de outubro. Pola súa banda o 2 de novembro, Jaime Blanco, presidente da Asociación Micolóxica Os Brincabois, impartirá a charla “Os boletais dos ecosistemas galegos”. O venres 3 de novembro chegará o turo da charla “Cociñando cogomelos” a cargo de José Luis Tomé da Federación Galega de Micoloxía. Ademais das conferencias didácticas realizarase a tradicional saída para recollida e identificación de cogomelos o sábado 4 de novembro en horario matutino de 10.00 horas a 13.30 horas; con saída desde o Pazo de Mos. A participación nas charlas e na saída require de inscrición previa na seguinte ligazón: https://bit.ly/3CrJwsz

GRAN XORNADA DE DEGUSTACIÓN

A programación das Xornadas Micolóxicas incluirá tamén, e como non podía ser doutro xeito, a tan popular e esperada gran xornada de degustación de cogomelos e VI micromercado con produtos con Denominación de Orixe nos exteriores do Pazo de Mos. Será o domingo 5 de novembro de 12.00 a 15.00 horas e durante a mesma poderanse gozar dos pratos ofertados tanto pola propia Asociación BaRes Mos, como polos 6 establecementos participantes nas xornadas deste ano. O prezo único por tapa ascenderá a 6,5 euros.

O Pazo de Mos servirá caldo de setas denominado caldo das bruxas (tapa vegana). Maceira servirá burguer de setas (tapa vegana). A Adega da Tía Carmen servirá empanada de pan de millo e trigo de setas e castañas, e croquetas de setas, millo e castañas. Curuxeira servirá espaguetis con salsa de nata, espinacas e setas, tortilla de patacas de setas e xamón; e tiramisú de trufa. O Bocadiño servirá un variado de setas e champiñóns con garbanzos (tapa vegana), e tostas con nata, bacon e variado de setas. E Baxiña: croquetas de setas shiitake con bechamel e queixo, e setas á feira (tapa vegana a base de seta shiitake, pataca, sal marina e alga nori, espolvoreadas con pementón).

612

Ademáis do día da gran degustación, todos estes pratos poden probarse xa nos establecementos de cada un destes hosteleiros e durante todo o mes de novembro. A gran degustación do 5 de novembro contará ás 12.00 horas cun concerto en pequeño formato de Son do Sil e unha actividade infantil ás 16.30 horas da man de Raquel Queizás baixo o título “Romarías: Contos e lendas da nosa terra”.

A mostra micolóxica e consulta aberta ao público estará operativa de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas.

Micoloxía vegana en Mos
Comentarios