martes. 27.09.2022

Los ambulantes volven á Praza de Bugallal

Este sábado 24 de setembro os postos situaranse xa na Praza de Bugallal, na que se habilitarán catro fileiras de postos de 35 metros de longo cada unha que permitirán aglutinar nun só espazo a todos os postos ambulantes do sector téxtil.
O mercado ambulante volve á Praza de Bugallal
O mercado ambulante volve á Praza de Bugallal

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, reuniuse este luns coas e cos integrantes do mercado ambulante para comunicarlles o cambio de localización dos postos, que volverán á Praza de Bugallal dende esta mesma fin de semana. Este cambio afecta aos postos do sector téxtil que por mor das obras de transformación da praza foran reubicados noutros espazos nos que estaban mesturados cos postos doutros sectores de venda.

Como explica a rexedora, “era un cambio moi demandado polos propietarios e propietarias dos postos que nos permitirá ordenar o mercado ambulante por ámbitos favorecendo unha maior afluencia de público e un incremento do volume de negocio e conseguindo unha maior dinamización do comercio da vila, que segue a ser un referente na compra de proximidade na comarca”.

Este sábado 24 de setembro os postos situaranse xa na Praza de Bugallal, na que se habilitarán catro fileiras de postos de 35 metros de longo cada unha que permitirán aglutinar nun só espazo a todos os postos ambulantes do sector téxtil.

Pola súa banda, os postos das ramas da alimentación e de plantas manterán a súa actividade na súa ubicación actual, nas rúas Estrada e Morales Hidalgo.

Los ambulantes volven á Praza de Bugallal
Comentarios