viernes. 26.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 24.252 deles 4.151 son da área da Coruña, 1.977 da de Lugo, 2.835 da de Ourense, 3.453 da de Pontevedra, 7.075 da área de Vigo, 3.514 da de Santiago e 1.247 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 219 en unidades de hospitalización e 23.978 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 196.117 persoas curadas, rexistrándose 2.744 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.238.483.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.729.390.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 24.252 casos activos por coronavirus