jueves. 25.04.2024
Galicia

Visibilizando unha parte da alta Gastronomía

Galicia Fórum Gastronómico recibiu aos seus primeiros visitantes, nunha intensa xornada  que incluíu os seus dous certames, Premio Cociñeiro Galego 2022, cuxo gañador foi Moncho Méndez, e Concurso de Pulpeiras, que gañou Gutier Domingos. A estrela Michelin Lucía Freitas rendeu homenaxe ás praceras de Abastos Cociñeiros coruñeses abordaron distintos aspectos da cociña sustentable que se está facendo na cidade, nunha xornada na que tamén tiveron protagonismo as Cociñeiras do Camiño. Francois Chartier, presidente de Chartier World LAB Barcelona, creador da ciencia aromática de Armonías Moleculares e Mellor sumiller do mundo 1994, e o televisivo Jordi Cruz, chef de AbaC, puxeron o broche de ouro á primeira xornada. O GFG continuará o luns a súa andaina con novas actividades, como a final da Batalla de Sumilleres, e a participación de Ángel León, Vicky Sevilla, Pepe Solla, Diego Guerrero e Josep Roca, entre moitos outros.

Comentarios
Visibilizando unha parte da alta Gastronomía