sábado. 04.05.2024
Vigo área metropolitana

Os encargados de premer o botón que iluminou a vila porriñesa e deu inicio ao Nadal.

O Porriño viviu hoxe unha emotiva tarde coa praza Arquitecto Antonio Palacios ateigada de público, nenos e maiores, para vivir xuntos un dos momentos máis ilusionantes do ano, o acendido do alumbrado de Nadal. Centos de persoas congregáronse aos pés do Concello para recibir o Nadal, nun acto no que os usuarios e usuarias de Aceesca foron os protagonistas.

Laura, Marcos, Ana, Poli, Carlos, Paula, Eloy e Alba foron os encargados de premer o botón que iluminou a vila e deu inicio ao Nadal. Xunto a eles tamén estiveron persoas usuarias de Afaga, dos centros de día da vila e da EVD.

Comentarios
Os encargados de premer o botón que iluminou a vila porriñesa e deu inicio ao Nadal.