lunes. 26.02.2024
Vigo área metropolitana

Algunha imaxes que nos deixou a festividade de san Lourenzo en Salvaterra

O festivo local viviuse con solemnidade este xoves en Salvaterra. A misa solemne das 12.00 con coro, Lacedorium, e, fóra, a banda de música. Aínda máis, celebrou o bispo, Luís Quinteiro, e como concelebrantes o párroco, Sergio Gómez e Luís Pose así como o presbítero venezolano Carlos. Máis sorpresas. Outra foi a colaboración dun mozo campaneiro de 16 anos, Mateo Vázquez Ares, que reside en Vigo e veu para chamar aos fieis a celebración. Mateo levouse un sonoro aplauso ao termo da santa Misa a petición do bispo.

Comentarios
Algunha imaxes que nos deixou a festividade de san Lourenzo en Salvaterra